Category Archives: Sin categoría
Campionato de España Sub-08
O valenciano Carlos Roche Fraile alcanzou o Campionato de España na categoría sub-8 cun total de 7,5 puntos de 8 posibles. A xogadora canaria Yraya de León González proclamouse Campioa de España con 5 puntos.
O xogador galego mellor clasificado foi Daniel Manrique García (Xadrez Ourense) con 5,5 puntos e o 13º posto.
Enlaces:
Campionato de España por Seleccións Autonómicas 2021
Onte tivo lugar no Hotel Begoña Park de Gijón a clausura e entrega de premios dos Campionatos de España en idade Escolar por Seleccións Autonómicas, categorías Infantil e Cadete.
A Selección Galega Infantil proclamouse Subcampioa de España con 9 puntos.
A Selección Cadete obtivo o 5º posto con 7 puntos empatados có 4º clasificado.
Noraboa!!!
Enlaces Info64:
Campionato España Seleccións Autonomicas-Infantil 2021.
Campionato España Seleccións Autonomicas-Cadete 2021.
Retransmisión:
I Campionato de España de Xadrez Lóstrego por Parellas Mixtas 2021
A Federación Española de Ajedrez a través da súa circular 19/2021 convoca o I Campionato de España de Xadrez Lóstrego por Parellas Mixtas 2021.
Toda a información, neste enlace.
Campionatos Galegos Sub-10 e Sub-12 2021
O domingo tivo lugar a clausura e entrega de premios no Hotel Scala ( Padrón) dos Campionatos Galegos Sub-10 e Sub-12 2021.
Diego Ibañez (Lucena) proclamouse Campión Galego Sub-10 con 7 puntos dos 8 posibles, Begoña Lage (Xadrez Mos ) foi subcampioa Galega e 1ª clasificada feminina e Mateo Martínez (Xadrez Benchoshey) 3º clasificado.
Na categoría Sub-12, Nicolas Amado ( Xadrez Val do Dubra) proclamouse Campión Galego con 6,5 puntos dos 8 posibles, Iago Fernandez (Ajedrez Marquiño) foi subcampión Galego e Mateo Dibuja (Liceo Ourense) 3º clasificado. Angela Castiñeira ( Regatas Perillo ) acadou o 5º posto da xeral e foi a 1ª clasificada feminina.
Enlaces a info64:
Campionato Galego Sub-10 2021.
Campionato Galego Sub-12 2021.
Retransmisión en directo:
Campionato Galego Sub-10 2021.
Campionato Galego Sub-12 2021.
VI Campionato Galego de Xadrez Lóstrego 2021
O sábado tivo lugar a clausura e entrega de premios no Hotel Scala ( Padrón) dos Campionatos Galegos de Xadrez Lóstrego 2021.
Antonio Pazos Porta (Círculo Ferrolano) proclamouse Campión Galego de Xadrez Lóstrego con 8 puntos dos 8 posibles, David Gómez Dieguez (CDX Ourense) foi subcampión galego e Rubén Fernández López (EX Pontevedra) 3º clasificado. Nerea Cereijo Suarez ( EX Compostela ) acadou o 27º posto da xeral e foi a 1ª clasificada femenina.
Enlace a Info64.
X Campionato Galego de Rápidas 2021
O domingo tivo lugar a clausura e entrega de premios no Hotel Scala ( Padrón) dos Campionatos Galegos de Rápidas 2021.
Xulio Del Prado Rodiguez(Círculo Chantadino) proclamouse Campión Galego de Rápidas con 8 puntos dos 8 posibles, Pablo Fernández Borrego (Círculo Ferrolano) foi subcampión galego e Pablo López Varela (Escola Luguesa) 3º clasificado. Paula Suarez Gomez ( CX Fontecarmoa ) acadou o 25º posto da xeral e foi a 1ª clasificada feminina.
Enlace a Info64.