Category Archives: Sin categoría
Proceso Avaliador para o Título de AN 2021
A federación Española de Ajedrez a través do comunicado Comité Técnico de Árbitros 02-2021 convoca o Proceso Avaliador para o Título de AN 2021.
Data: do 22 de marzo ao 30 de abril de 2021.
Prazo de incrición: Ata o 18 de marzo de 2021.
Cota de inscrición: 80,00 €
Toda a información neste enlace.
Seminario Arbitraxe en liña 2021
A Federación Española de Ajedrez a través da súa circular 01/2021 Comite Técnico de Árbitros convoca Seminario de Arbitraxe en liña 2021.
Datas: os días 15, 16 e 17 de marzo de 2021
Prazo de Inscrición: ata o 12 de marzo de 2021
Cota de inscrición: 30,00 €
Toda a información neste enlace.
Convocatoria de Subvencións a Clubs – SXD
Infórmase de que hoxe mércores 17.02.2021 publicouse no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de subvencións a entidades deportivas para o desenvolvemento de actividades deportivas e para a implementación de medidas de prevención e seguridade como consecuencia da COVID-19.
As solicitudes poderanse presentar dende o 18.02.2021 ata o 17.03.2021.
Toda a información, neste enlace.
Protocolo Seguro Deportivo Xogade 2020 – Actualizado
![](https://www.fegaxa.org/wp-content/uploads/2020/10/infografia_aig_2.jpg)
Infórmase que a partir de hoxe (09/02/2021) existe unha modificación no procedemento de xestión de accidentes do Xogade, concretamente no sistema de autorización da xestión de datos do menor por parte dos representantes legais (proxenitores ou titores legais).
Por elo, rectifícase a circular 02/2021 e pubrícase o novo protocolo de actuación e a nova infografía.
Circular 02/2021 BIS: Seguro Deportivo programa XOGADE 2021.
Subvención SXD – Equipamento Deportivo
Infórmase de que hoxe, venres 05.02.2021 publicouse no DOG a RESOLUCIÓN do 5 de xaneiro de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento PR949A).
Prazo de solicitudes: desde o 06.02.2021 ata o 05.03.2021
Ver convocatoria, neste enlace.
Afiliación Tempada 2021 – Ampliase o prazo
A Federación Galega de Xadrez pubrica as seguintes circulares:
Circular 03/2021: Afiliación Tempada 2021
Circular 04/2021: Instruccións cumplimentación documentación afiliación
Informamos que xa está aberto o prazo para poder renovar as licenzas para a vindeira tempada 2021, tanto os clubs como os equipos e deportistas.
Debido a condición extraordinaria COVID-19 na que nos atopamos, de momento, só solicitamos que se activen os equipos que participarían na Liga Galega 2021, sen ter que rexistrar orden de forza. O prazo estará aberto ata o 28/02/2021 (incluído).
As competicións da tempada 2021 iniciaranse tan pronto como a situación sanitaria o permita, cumprindo todos os protocolos aprobados.