Category Archives: Sin categoría
Calendario provisional deportivo 2022 – Actualizado
A Federación Galega de Xadrez pubrica o calendario provisional deportivo para a tempada 2022 que se presentará para a súa aprobación pola Asemblea Xeral Extraordinaria o vindeiro 18 de Decembro de 2021.
Xefega
Informase que o programa Xefega nos vindeiros días estará fora de servicio, estamos a preparar a tempada 2022.
Se algún Club quere federar algún xogador, pregase que se poñan en contacto coa Federación no e-mail fegaxa@fegaxa.org.
Disculpen as molestias.
Campionato de Europa de Seleccións 2021
Na vixésima terceira edición do Campionato de Europa de Seleccións, a Selección Española Absoluta logrou un resultado histórico finalizando na cuarta posición cós mesmos puntos cá Selección Polaca, quen obtivo a terceira praza grazas a un mellor desempate.
A Selección Española Absoluta sumou 13 puntos logrando non perder ningún dos seus encontros: táboas contra Rusia, Ucrania, Hungría, Armenia e Polonia, mentras que impúxose ante Islandia, Turquía, Rumanía e Países Bajos na última rolda. O xogador galego e GM Iván Salgado López convocado como 4º taboleiro obtivo 3 puntos en 6 partidas disputadas.
XVIII Campionato de España Individual de Veteranos 2021
Onte rematou o XVIII Campionato de España Individual de Veteráns nos salóns do Hotel CAP Negret en Altea (Alicante) coa participación de 183 xogadores.
Na categoría maiores de 50 (Grupo A) o Mestre Internacional Michael A. Rahal proclamouse campión sumando un total de 7,5 puntos e o galego Francisco Carrera Pérez finalizou na segunda posición con 7 puntos.
Na categoría maiores de 65 (Grupo B), o Gran Mestre José Luis Fernández García, con 7,5 puntos, alzouse co campionato.
Noraboa!
Enlaces a Info64: XVIII CE Veteranos – Grupo A (+50) 2021 e XVIII CE Veteranos – Grupo B (+65) 2021.
Circular interpretativa das medidas COVID-19 no ámbito deportivo – Actualizada 22/10/2021
Infórmase da derradeira publicación no DOG sobre a finalización da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidad Autónoma Galega. Toda a información, neste enlace.
Circular interpretativa das medidas COVID-19 no ámbito do deporte.
A Xunta permitirá medidas de protección fronte a Covid-19 alternativas ao uso da máscara para os maiores de 12 anos no deporte galego federado. Máis información, aqui.
Campionato de España por Equipos de Club de División de Honra 2021
Onte rematou o Campionato de España por equipos de Club de División de Honra: VIII Centenario de Alfonso X O Sabio no Centro Cultural Igrexa de San Marcos (Toledo) , onde o equipo galego (Club Deportivo Xadrez Ourense) quedou no 8º posto, descendendo a Primeira División para o ano 2022.
Enlace Info64