Category Archives: Sin categoría

Liga Galega por equipos de Club 2022 “Campionato Xunta de Galicia”

Pubrícanse os grupos definitivos para a Liga Galega por equipos de Club 2022 “Campionato Xunta de Galicia”:

Infórmase que o sorteo para os calendarios realizarase o xoves (03/02/2022) a partir das 16:30 horas.

Afiliación Tempada 2022

A Federación Galega de Xadrez, a través do programa XEFEGA, abre o prazo de afiliación para a tempada 2022.

Toda a documentación necesaria, neste enlace.

PRAZOS  LÍMITES DE XESTIÓN POR INTERNET (XEFEGA)
 NOTIFICACIÓN ALTA/BAIXA EQUIPOS : FINALIZADO
 MODIFICACIÓN ORDES DE FORZA : FINALIZADO
 INGRESOS DA LIQUIDACIÓN : 07  ao  20 de FEBREIRO de 2022 (a.i.)

Bases reguladoras para a concesión de subvencións 2022 da SXD

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento PR949A).
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220105/AnuncioG0595-141221-0004_gl.html

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas, seccións deportivas e núcleos de adestramento deportivo especializado de Galicia para o desenvolvemento de actividades deportivas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento PR945C).
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220105/AnuncioG0595-141221-0002_gl.html

Circulares Fegaxa 2022

A Federación Galega de Xadrez pubrica as seguintes circulares:

Circular 01/2022: Cotas e inscricións tempada 2022.

Circular 02/2022: Seguro Deportivo 2022.

PR949A – Subvencións equipamento – 2ª Convocatoria – Ampliación do prazo de execución e xustificación

Amplíase o prazo de execución e xustificación do proxecto subvencionado previsto no artigo 15.1 da Resolución do 6 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se procede á segunda convocatoria do ano 2021 para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a adquisición de equipamentos deportivos (código de procedemento PR949A), ata o 21 de decembro de 2021

Toda a información, neste enlace.

Convocatoria Asemblea Xeral Extraordinaria

Según os estatutos da FEGAXA e de acordo coa Lei do Deporte de Galicia, convócase reunión da Asemblea Xeral Extraordinaria desta federación deportiva para o vindeiro día 18 de Decembro de 2021, ás 17:00 horas en primeira convocatoria e ás 17:30 en segunda convocatoria, no Salón de Actos da Casa do Deporte de Vigo (sede da Federación Galega de Xadrez).

Orde do día.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies