Category Archives: Sin categoría
XVIII Campionato de España Individual de Veteranos 2021
A Federación Española de Ajedrez a través da súa circular 25/2021 convoca o XVIII Campionato de España Individual de Veteranos 2021.
Toda a información, neste enlace.
Campionato de España Sub-18 e Sub-18 rápidas 2021
![](https://www.fegaxa.org/wp-content/uploads/2021/06/Cartel.jpeg)
A aragonesa María Eizaguerri Floris proclamouse Campioa do Campionato de España Sub-18 con 7,5 puntos en 9 roldas. María convertiuse na primeira muller en proclamarse campioa de España en categoría absoluta a ritmo tradicional. Empatados a 7,5 puntos, o catalán Guerau Masagué Artero conseguiu o subcampionato, mentras que o xogador navarro Juan Labiano Hernández ocupou a terceira posición.
Na clasificación feminina, Lulu Zhou de Madrid como subcampioa e Adhara Rodríguez Redondo de Canarias como terceira clasificada, ambas empatadas a 6 puntos, acompañaron no podio á campioa María Eizaguerri Floris.
O xogador galego mellor clasificado foi Andrés Rodríguez Ferreirós (Xadrez Fontecarmoa) con 6,5 puntos e o 15º posto.
Enlace a Info64
O madrileño Gabriel Quispe Arteaga proclamouse campión do Campionato de España Sub-18 Rápido con 7,5 puntos de 9 posibles. Cós mesmos puntos, o catalán Pedro Antonio Ginés Esteo conseguiu o subcampionato, mentras que o xogador de Murcia Aaron Alonso García ocupou a terceira posición.
Na clasificación feminina, a catalana Joana Ros Alonso alzouse cá victoria con 6,5 puntos. Viviana Galván Cipriani de Valencia (6 puntos) e María Eizaguerri Floris de Aragón (6 puntos) finalizaron na segunda e terceira posición respectivamente.
O xogador galego mellor clasificado foi Artai Bringas Gómez (Xadrez Laroca) con 7 puntos e o 5º posto.
Calendario Deportivo 2021 da FEDA
A Federación Española de Ajedrez publica a circular 21/2021 coa actualización do Calendario Deportivo 2021 aprobado pola Asemblea Xeral. Pódese consultar no seguinte enlace.
Campionato de España Sub-16 y Sub-16 rápidas 2021
Campionato de España Sub-16 y Sub-16 rápidas 2021
![](https://www.fegaxa.org/wp-content/uploads/2021/06/Cartel.jpeg)
Yingrui Lin de Andalucía alzouse co Campionato de España na categoría Sub-16 cun total de 8 puntos de 9 posibles. Acompañanouno no podio o Galego Rubén Fernández López ( Escola Xadrez Pontevedra) como subcampión (7,5 puntos). Na clasificación feminina a valenciana Lucía Follana Albelda proclamouse campioa de España con 6 puntos.
Enlace a Info64.
O madrileño Sebastián Reyes Peñas proclamouse campión do Campionato de España Sub-16 Rápido con 7,5 puntos en 9 roldas. O xogador Galego Rubén Fernández López ( Escola Xadrez Pontevedra) ocupou a terceira posición. Na clasificación feminina, a navarra Leyre Abrisqueta Zudaire alzouse coa victoria con 7 puntos.
Noraboa!
Enlace a Info64.
Campionato de España Sub-14 e Sub-14 rápidas2021
![](https://www.fegaxa.org/wp-content/uploads/2021/06/Cartel.jpeg)
O Valenciano Diego Macías Pino alzouse có Campionato de España na categoría sub-14 cun total de 8 puntos de 9 posibles. Na clasificación feminina, Aramí Lobo Pereira de Cataluña proclamouse campiona de España finalizando con 6 puntos
O xogador Galego mellor clasificado foi Xavier Perez Sousa ( Xadrez Mos) con 6,0 puntos e o 27º posto.
Enlace a Info64.
O valenciano Diego Macías Pino tamén proclamouse campión no Campionato de España Sub-14 Rápido con 8 puntos de 9 posibles. Na clasificación feminina, a canaria Mirella Almeida Cubas alzouse ca victoria con 5 puntos.
Neste Campionato o xogador Galego mellor clasificado foi Hugo Dominguez Conde ( Escola Xadrez Compostela) con 5,5 puntos conseguindo o 35º posto.
Enlace a Info64.