Category Archives: Sin categoría
Campionato de España Sub 10 e Sub 10 de Xadrez Rápido 2022
Manuel González Argandoña (Albacete) e Beatriz Pardo Ruiz (Alicante) proclamaronse Campións de España na categoría Sub-10. Os acompañan no pódio Lucas González López da Comunidad Valenciana (7,5 puntos) e Álvaro Torres Rebolledo de Madrid (7,5).
O xogador galego mellor clasificado foi Sergio Calvo (Escola Ames) con 5,5 puntos e o 30º posto.
Enlace Info64.
O madrileño Álvaro Torres Rebolledo e Beatriz Pardo Ruiz (Alicante) proclamaronse Campións de España de Xadrez Rápido Sub 10. Os acompañan no podio, Gerard Tallada Serret (7,5 puntos) de Cataluña subcampión, mentras que o xogador da Comunidad Valenciana Lucas González López (7 puntos) acadou a terceira posición.
O xogador galego mellor clasificado foi Daniel Manrique (Xadrez Ourense) con 6,5 puntos e o 12º posto.
Enlace Info64.
XXXIII Circuito Galego Internacional de xadrez 2022
Pubrícase toda a información correspondente ao XXXIII Circuito Galego Internacional de xadrez 2022.
Infórmase que foron actualizadas as bases do V Aberto Concello de Carballo Clásico.
Toda a información, neste enlace.
Campionato de España Sub 08 – 2022
Onte tivo lugar a clausura e entrega de premios no Hotel Salobreña Suites (Granada) do Campionato de España Sub 08 de lentas 2022 onde Pablo Guirado Lara e Anna Pabón Hermann de Andalucía alzaronse co Campionato de España na categoría Sub-08. Acompañaronos no pódio o Andaluz Hugo Giráldez Requena como subcampión (7,5 puntos) e Izan Sisas Mainar de Aragón como terceiro clasificado (7,5 puntos).
O xogador galego mellor clasificado foi Javier Lema (Club Ajedrez Padrón) con 6,5 puntos e o 8º posto.
Enlace Info64.
Convocatoria Asemblea Xeral Extraordinaria
Según os estatutos da FEGAXA e de acordo coa Lei do Deporte de Galicia, convócase reunión da Asemblea Xeral Extraordinaria desta federación deportiva para o vindeiro día 13 de Xullo de 2022, ás 17:30 horas en primeira convocatoria e ás 18:00 en segunda convocatoria, no Salón de Actos da Casa do Deporte de Vigo (sede da Federación Galega de Xadrez).
Orde do día da Asemblea Xeral Extraordinaria.
Toda a documentación está pubricada no seguinte enlace.
Campionato de España por Seleccións Autonómicas 2022
Onte tivo lugar a clausura e entrega de premios no Hotel Estrella del Norte en Isla (Cantabria) do Campionato de España por Selecciones Autonómicas categoría Infantil e Cadete 2022, onde a Selección Galega Infantil proclamouse Campiona de España 2022, dar os Parabéns a: Diego Cacheiro( Club USC), Alejandro Cereijo ( EX Compostela), Iago Fernandez (CD Marquiño), Nerea Cereijo ( EX Compostela), Irene Diz ( Xadrez Fontecarmoa), Noa Costas ( Xadrez Mos), e a adestradora Yudania Hernández.
A medalla do mellor segundo taboleiro para Alejandro Cereijo ( EX Compostela) e mellor cuarto taboleiro para Nerea Cereijo ( EX Compostela). Parabéns!
A Selección Galega Cadete obtivo o sexto posto con 7 puntos.
Enlace Info64: Categoría Infantil e Categoría Cadete
Retransmisión en directo: Categoría Infantil e Categoría Cadete