Category Archives: Sin categoría

XXXIII Circuito Galego de Xadrez Internacional 2022

Dando continuidade ao circuito internacional celebrado no ano 2019, dende a Federación Galega de Xadrez estase a traballar na elaboración do XXXIII CIRCUITO GALEGO DE XADREZ INTERNACIONAL 2022, respetando as tradicións dos torneos e as condicións, caraterísticas e datas de anteriores edicións para cada un deles.

O prazo de solicitude de inscrición pecharase o 07 de Abril de 2022 (incluido). Os interesados deberán enviar o formulario de coordinación debidamente cumprimentado ao e-mail fegaxa@fegaxa.org.

Formulario de coordinación (formato word ou formato pdf).

O Sábado, 09 de Abril de 2022 ás 17:00 horas terá lugar no Hotel Scala de Padrón (A Coruña) a reunión de organizadores da anterior edición e outros que o soliciten fehacentemente.

Semana do 08 de Marzo de 2022

Con motivo da semana da muller, a Comisión de la Mujer y el Ajedrez da FEDA  preparou algunhas actividades.

O día 9 de marzo xoga contra a Selección feminina en chess24 ás 19:30 horas

domingo 13 ás 19 horas haberá unha batalla de Comunidades Autónomas en lichess.

As chicas interesadas en xogar poden entrar no equipo de Galicia feminino: https://lichess.org/team/galicia-femenino e entrar no TORNEO pinchando: https://lichess.org/tournament/I8GymHs8

Para solicitar máis información do evento, poden contactar no seguinte e-mail: fegaxa@fegaxa.org.

Campionato Galego Sub-14 e Sub-18 2022 «Xunta de Galicia»

Onte tivo lugar no Hotel Scala de Padrón (A Coruña) a clausura e entrega de premios do Campionato Galego Sub-14 e Sub-18 2022 «Xunta de Galicia».

O xogador da Escola Xadrez Compostela, Alejandro Cereijo Suarez proclamouse Campión  Galego Sub-14 , César Oubiña Pazos (Xadrez Fontecarmoa) foi o  Subcampión e Hugo Dominguez Conde (Escola Xadrez Compostela) o 3º clasificado.

Toda a información,  neste  enlace.

Na categoria Sub-18, Rubén Fernández López ( EXP) proclamouse Campión Galego  con 8 puntos dos 8 posibles, Pablo López Varela (Escola Luguesa) foi subcampión Galego e Mauro Sanroman Costas (X. Mos) 3º clasificado.

Toda  información, neste enlace.

Parabéns!!

 

Campionato Galego Sub-08 2022 “Xunta de Galicia”

Onte tivo lugar no Hotel Scala de Padrón (A Coruña) a clausura e entrega de premios do Campionato Galego Sub-08 2022 “Xunta de Galicia”.

O xogador do Ajedrez Padrón, Javier Lema Fernández proclamuse Campión, Christian Noya Mellado (Xadrez Oroso) foi o Subcampión e Lois Roo Guillan (Xadrez Fontecarmoa) o 3º clasificado.

Toda a información, neste enlace.

Campionatos Galegos Entroido 2022 “Xunta de Galicia”

Datas Sub-14 e Sub-18: do 26 de Febreiro ao 01 de Marzo de 2022.

Lugar de xogo: Hotel Scala sito na estrada N-550, S/N – 15917 Padrón (A Coruña).

Bases e inscricións.

Enlaces a Info64:

Campionato Galego Sub-14 Open 2022

Campionato Galego Sub-18 Open 2022

Protocolo FisioCovid-DXTGalego de Xadrez.

Declaracións de aceptación e responsabilidade, según modelo protocolo Covid-19:

Categoría Sub-08 a cumprimentar polo pai/nai (formato pdf ou formato word)

Categoría Sub-14 a cumprimentar polo pai/nai (formato pdf ou formato word)

Categoría Sub-18 a cumprimentar polo pai/nai (formato pdf ou formato word)

Categoría Sub-18 a cumprimentar polo xogador se é maior de idade (formato pdf ou formato word).

 

O noso máis profundo pesar polo afundimento do pesqueiro Villa de Pitanxo que, con base en Marín (Pontevedra) naufragou en Terranova (Canada).

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies