Category Archives: Sin categoría

Campionato de España Sub 16 e Sub 16 de Xadrez Rápido 2022

O Sábado 30 de Xullo tivo lugar a clausura e entrega de premios do Campionato de España Sub-16 onde o Mestre Fide Diego Macias Pino (8 de 9 puntos) da Comunidad Valenciana proclamouse Campión de España e a xogadora Cristina Sureda González proclamouse Campioa de España Feminina.

O xogador galego mellor clasificado nesta categoría foi Alejandro Cereijo Suárez (E.X. Compostela) no 14º posto con 6.5 puntos dos 9 posibles.

Toda a información do Campionato, neste enlace.

E onte tivo lugar a clausura e entrega de premios do Campionato de España Sub-16 xadrez rápido onde o Mestre Fide Diego Macías Pino da Comunidad Valenciana volveu a proclamarse Campión con 8 de 9 puntos. Na clasificación feminina, a xogadora de Castilla y León, Carmen Menéndez Osorio alzouse cá victoria con 6 puntos.

O mellor xogador galego nesta modalidade foi Xabier Pérez Sousa (Xadrez Mos) no 18º posto con 6 puntos dos 9 posibles.

Enlace Info64.

 

X Torneo Internacional Cidade de Pontevedra

O Sábado, 30 de Xullo de 2022, tivo lugar a clausura e entrega de premios do 2º Torneo pertencente ao calendario do  XXXIII Circuito Galego de Xadrez 2022: X Torneo Internacional Cidade de Pontevedra; onde proclamouse campión con 7.5 puntos dos 9 posibles, o MI Platon Galperin.

Enlaces Info64: Masters Amateur

Clasificación Provisional do XXXIII Circuito Galego de Xadrez 2022 (actualizada o 01/08/2022)

 

Campionato de España de Xadrez Lóstrego e Rápido 2022

A Federación Española de Xadrez a través das suas circulares 18/2022  e 19/2022 convocou o  Campionato de España Individual de Xadrez Lóstrego e Rápido 2022

Todala información Xadrez Lóstrego neste enlace.

Todala información Xadrez Rápido neste enlace.

Campionato de España Individual Absoluto e Feminino 2022

A Federación Española de Ajedrez a través da sua circular 16/2022 convocou o  Campionato de España Individual Absoluto e Feminino 2022.

Todala información neste enlace.

Campionato de España Sub 14 e Sub 14 de Xadrez Rápido 2022

Onte tivo lugar a clausura e entrega de premios no Hotel Salobreña Suites (Granada) do  Campionato de España de Sub 14 e Sub 14 de Xadrez Rápido, neste ultimo  a xogadora Galega Nerea Cereijo (Escola Xadrez Compostela) foi a Campioa feminina.

O xogador Galego mellor clasificado no  Campionato Sub 14 foi Alejandro Cereijo (Escola Xadrez Compostela) con 6,5 puntos e o 13º posto.

Parabéns!

Enlace Sub 14 Info64.

Enlace Sub 14 Xadrez Ràpido Info64.

 

XXXVII Festival Internacional de Xadrez “Cidade de Ferrol”

Onte tivo lugar a clausura e entrega de premios do 1º Torneo pertencente ao calendario do XXXIII Circuito Galego de Xadrez 2022: XXXVII Festival Internacional de Xadrez “Cidade de Ferrol”, onde o GM Vladimir  Petkov  proclamouse campion con 7 puntos.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies