Category Archives: Sin categoría

Campionatos Galegos Semana Santa 2023 ” Xunta de Galicia” Sub-10 y Sub-12

Onte tivo lugar a clausura e entrega de premios no Hotel Scala (Padrón) dos Campionatos Galegos Semana Santa 2023 «Xunta de Galicia», categorías Sub-10 Open e Sub-12 Open.

Na Categoría Sub-10, o xogador do Club de Ajedrez Padrón, Javier Lema Fernandez  proclamouse Campión, Xoel Roo Perez  (Club Deportivo Marquiño) foi o Subcampión e Daniel Manrique Garcia (Club Deportivo Xadrez Ourense) o  3º clasificado.

Na Categoría Sub-12, proclamouse Campión o xogador Sergio Calvo Miguez da Escola Ames Xadrez, Luis Barreiro Rebolo (Escola Luguesa  de Xadrez)  foi o Subcampión  e Adrian Argudin Fernandez (Club Xadrez Mos) o 3º clasificado.

¡Parabéns a todos!

Enlaces Info64:

Campeonato Gallego Sub-10 Open 2023

Campeonato Gallego Sub-12 Open 2023

XVI Circuito Promoción 2023

Dando continuidade ao circuito promoción celebrado no ano 2022, dende a Federación Galega de Xadrez estase a traballar na elaboración do XVI CIRCUITO GALEGO PROMOCION 2023, nun intento de volver a normalidade e seguir promocionando o xadrez nos rapaces máis xóvenes da sociedade galega aficionados a este deporte.

O prazo de ratificación dos eventos fíxase para o 10 de abril de 2023, polo que prégase que, antes deste día, os organizadores confirmen os seus torneos, comuniquen a necesidade cambios que procedan ou manifesten a renuncia a súa celebración.

Bases do XVI Circuito Promoción 2023, neste enlace.

 

VIII Campionato de España por Equipos de Colexios. Categoría Sub-12

A Federación Española de Ajedrez convoca a través da súa circular 01/2023 o VIII Campionato de España por Equipos de Colexios. Categoría Sub-12.

Datas: do 29 de Abril ao 01 de Maio de 2023.

Local de xogo: Universidad Politécnica de Cartagena (Murcia)

Prazo máximo de inscrición: 23/04/2023.

Toda a información, neste enlace.

Campionatos Provinciais 2023 “Xunta de Galicia” – Ourense

Toda a información dos Campionatos Provinciais 2023 celebrados no seguinte enlace.

Pubrícanse as bases do Campionato provincial Absoluto Ourense 2023, así coma o enlace a Info64. Terá lugar o 05 e 12 de Marzo de 2023 no Edificio de Humanidades do Campus Universitario de Ourense.

Tamén publícanse as bases dos Campionatos Provinciais Sub-10, Sub-12 e Sub-16 no seguinte enlace. Terán lugar o 25 e 26 de Febreiro de 2023 no Salón de Actos do Hospital Veterinario ABROS. Enlaces Info64: categoría Sub-10, categoría Sub-12 e categoría Sub-16.

Torneos día internacional da Muller

Dende a Federación Internacional de Xadrez organizouse unha Batalla de Xadrez Feminina por Paises.

Data: sábado 25 de Febreiro de 2023 as 19:00 h.

Inscricións:

  1. Pertencer o equipo de Lichess “Women Spain Team, no seguinte enlace:https://lichess.org/team/women-spain-tea
  2. Inscribirse  no torneo  no seguinte enlace: https://lichess.org/tournament/nJrBFCnb/teams
  3. unha vez aquí  apuntarse  o equipo: Women Spain Team!

Dende a Comisión  da Muller e  Xadrez da FEDA  organizouse a  III Batalla feminina por Comunidades na Semana da Muller!

Data: domingo 5 de Marzo de 19-20 horas.

Inscricións

Campionatos Galegos Entroido 2023 “Xunta de Galicia”

Onte tivo lugar  a clausura e entrega de premios no Hotel Scala (Padrón) dos Campionatos Galegos Entroido 2023 “Xunta de Galicia”, categorías Sub-14 Open e Sub-18 Open.

Na Categoría Sub-14, o xogador do Club Xadrez Mos,  Javier Del  Valle Crespo  proclamouse Campión, Sergio Diniz Lopez  (Círculo Xadrez Narón) foi o  Subcampión  e  Uxio Vilariño Lorenzo (Escola Luguesa  de Xadrez) o 3º clasificado.

Na Categoría Sub-18,  proclamouse Campión o xogador Pablo Lopez Varela da Escola Luguesa de Xadrez, Xulio Del Prado Rodriguez (Club Deportivo Xadrez Ourense) foi o Subcampión e David Cernadas Camean (Club Deportivo Marquiño) o 3º clasificado.

¡Parabéns a todos!

Toda a información, neste enlace.

Enlaces Info64:

Campionato Galego Sub-14 Open 2023

Campionato Galego Sub-18 Open 2023

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies