Category Archives: Sin categoría

XIII Torneo Internacional Concello de Rianxo

O Sábado, 03 de Setembro de 2022 tivo lugar a clausura e entrega de premios do 8º Torneo pertencente ao calendario do  XV Circuito Galego de Xadrez Promoción  2022: XIII Torneo Internacional Concello de Rianxo.

Enlaces a Info64: categoría Sub-08, categoría Sub-10, categoría Sub-12, categoría Sub-14 e categoría Absoluta.

Clasificación Provisional do XV Circuito Galego Xadrez Promoción 2022. (Actualizado o 05/09/2022)

V Aberto Concello de Carballo Clásico

O Venres 02 de Setembro de 2022 tivo lugar a clausura e entrega de premios do 5º torneo pertencente ao calendario do XXXIII Circuito Galego de Xadrez 2022: V Aberto Concello de Carballo Clásico onde o GM Vladimir Petkov proclamouse Campión do torneo con 7 puntos dos 9 posibles. Tamén obtiveron a mesma puntuación o 2º clasificado MI Jose Daniel Gemy e o GM Arian González Pérez no 3º posto.

Enlace a Info64.

Clasificación Provisional do XXXIII Circuito Galego de Xadrez 2022 (actualizada o 05/09/2022)

Campionato de España por Equipos de Club de xadrez Rápido 2022

A FEDA a través da súa circular 26/2022 convoca o Campionato de España por Equipos de Club de xadrez Rápido 2022.

Toda a información, neste enlace.

Campionato de España por equipos de Club de Segunda División 2022.

O Sábado 27 de Agosto de 2022 nos salóns do Hotel RL Aníbal de Linares (Jaén) tivo lugar a clausura e entrega de premios do Campionato de España por equipos de Club de Segunda División 2022 onde o C.E. Xeraco con 13 puntos proclamouse Campión de España e consegue unha praza de ascenso a Primeira División Nacional.

O Círculo Ferrolano de Ajedrez obtivo o 17º posto con 8 puntos.

Toda a información, neste enlace.

VIII Aberto Internacional de Xadrez Hotel CEMAR

O Domingo, 21 de Agosto de 2022 tivo lugar o 4º Torneo pertencente ao calendario do XXXIII Circuito Galego de Xadrez 2022: VIII Aberto Internacional de Xadrez Hotel CEMAR onde o xogador do Club USC Diego Cacheiro Blanco proclamouse Campión do torneo con 7,5 puntos dos 9 posibles.

Enlace Info64.

Clasificación Provisional do XXXIII Circuito Galego de Xadrez 2022 (actualizada o 22/08/2022)

 

V Torneo de Xadrez Vila de Noia

O Sábado, 20 de Agosto de 2022, tivo lugar o 7º Torneo pertencente ao calendario do  XV Circuito Galego de Xadrez Promoción  2022: V Torneo de Xadrez Vila de Noia.

Enlaces Info64: categoría Sub-08, categoría Sub-10, categoría Sub-12, categoría Sub-14 e categoría Absoluta.

Clasificación Provisional do XV Circuito Galego Xadrez Promoción 2022. (Actualizado o 22/08/2022)

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies