Category Archives: Sin categoría

XIV Open McDonalds

O sabado 05 de Novembro  de 2022 tivo lugar a clausura e entrega de premios do 13º Torneo pertencente ao calendario do  XV Circuito Galego de Xadrez Promoción 2022: XIV Open McDonalds.

Enlaces a Info64: categoría Sub-08categoría Sub-10categoría Sub-12categoría Sub-14  e categoría Absoluta.

Clasificación Final do XV Circuito Galego Xadrez Promoción 2022. (Actualizado o 07/11/2022)

I Torneo Escolar ERLAC

O sabado 15 de Outubro de 2022 tivo lugar a clausura e entrega de premios do 12º Torneo pertencente ao calendario do  XV Circuito Galego de Xadrez Promoción 2022: I Torneo Escolar Erlac.

Enlaces a Info64: categoría Sub-08categoría Sub-10categoría Sub-12categoría Sub-14  e categoría Absoluta.

Clasificación Provisional do XV Circuito Galego Xadrez Promoción 2022. (Actualizado o 02/11/2022)

Modificación Calendario XV Circuito Galego Xadrez Promoción 2022

Infórmase da suspensión do I Torneo Escolar Cidade de Lugo pertencente ao XV Circuito Galego de Xadrez Promoción 2022.

IMPORTANTE: Para optar a clasificación final será necesario participar e finalizar 7 torneos.

Calendario do XV Circuito Galego Xadrez Promoción 2022.

Convocatoria axudas DGAN 2022

A Fundación Deporte Galego pubricou o venres, 07 de outubro de 2022, no Diario Oficial de Galicia o anuncio da Convocatoria de Axudas a Deportistas Galegos de Alto Nivel 2022, baixo a denominación Convocatoria de AXUDAS DGAN 2022”, e que se enmarca no plan de axudas á preparación dos/as deportistas galegos/as de alto nivel.

Esta convocatoria conta, nesta ocasión, con nove tipos de axudas, segundo os resultados deportivos que tiveran acadado durante o ano 2021. 

O prazo de presentación de solicitudes rematará o luns 24 de outubro de 2022.

Bases da convocatoria de Axudas DGAN 2022.

Máis información, neste enlace.

Modificación Calendario XV Circuito Galego Xadrez Promoción 2022

Infórmase da suspensión do V Torneo Colegio Los Sauces pertencente ao XV Circuito Galego de Xadrez Promoción 2022.

Calendario do XV Circuito Galego Xadrez Promoción 2022.

Campionato de España por Equipos de Club de Primeira División 2022

O sábado 23 tivo lugar a clausura e entrega de premios  no Talasso Gran Hotel Sanxenxo do Campionato de España  por Equipos Ceclub Primeira División, o equipo Aragonés Myinvestor Casablanca proclamouse campión con 12 puntos e xogará a próxima tempada na División de Honra xunto ao Gros Xake Taldea del País Vasco  quén  finalizou na segunda  posición  tamén con 12 puntos, o  equipo Galego “Club  Deportivo Xadrez Ourense”  completou o podio con  9 puntos. O tamén equipo Galego Club Xadrez Fontecarmoa-Viaxes Interrias Sanxenxo quedou na sexta posición con 4 puntos.

Parabéns!!!

Enlace Info64

Clasificación Final Campeonato de España Ceclub Primera División.

Video de presentación do CECLUB na TVG de Galicia.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies