Category Archives: Sin categoría

Circular Feda 33/2022: Calendario Provisional 2023

A Federación Española de Ajedrez pubrica na súa circular 33/2022 o Calendario Provisional 2023, no seguinte enlace.

As datas das competicións estatales indican días de xogo, inicio e final.
As das competicións internacionales os días de salida e regreso.

¡¡¡Felices Festas!!!

Subvencións PR949A – Equipamento deportivo 2022

Hoxe publicouse no DOG a Resolución coa listaxe de beneficiarios das subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos (PR949A-2022-2ª convocatoria).

A partir do martes 20/12/2022 as entidades beneficarias deberán:

Paso 1º) SOLICITAR o anticipo de pagamento -anexo VI- (tanto si xa se pagou o material ou non).

AVISO: a pesar de solicitar este anticipo, non se poderá cobrar antes do 26.12.2022 polo que as entidades que aínda non compraran o material non poderá utilizalo para pagar o equipamento adquirido (pero é preciso que se solicite para poder cobrar antes do peche do  exercicio económico).

Paso 2º) Con data límite o luns 26.12.2022, deberanse presentar os anexos VII, VIII e IX, xunto cas facturas e xustificante bancario do pagamento.

O equipamento deberá adquirirse e pagarse entre o 01.01.2022 e o 26.12.2022, sen excepcións.

NOTA: Os pasos 1º e 2º pódense facer ao mesmo tempo ou en días separados (as entidades que non teñan aínda comprado o material, que soliciten primeiro o anticipo -anexo VI- e logo da compra que presenten o resto de documentación xustificativa -anexos VII, VIII, IX, facturas e xustificantes bancarios- (con data límite o 26.12.2022); as entidades que xa teñan pagado o equipamento poden xa presentar o mesmo día o anexo VI co resto de anexos xunto coas facturas e xustificantes bancarios do pagamento (tamén con data límite o 26.12.2022).

As entidades que non poidan afrontar o  pago do material na data límite deberán presentar a RENUNCIA.

Clausura e entrega de premios do XV Circuito Galego Xadrez Promoción 2022

O Sábado, 05 de Novembro de 2022 no  Salón García da Casa da Cultura de Vilagarcía de Arousa tivo lugar a Clausura e entrega de Premios do XV Circuito Gallego de Xadrez Promoción 2022 .

Os podios foron os seguintes:

Categoría Sub-08:

Campión: Javier Lema Fernandez (Ajedrez Padron)

Campioa: Zaira Campelo Mallo (Xadrez Oroso)

Subcampión: Lois Roo Guillan (Xadrez Fontecarmoa)

3º clasificado: Noe Diz Eitor (Ajedrez Padron)

Categoría Sub-10:

Campión: Sergio Calvo Miguez (Escola Ames)

Campioa: Laura Dieguez Novoa  (Xadrez Benchoshey)

Subcampión: David Alvarez Gonzalez (Lucena)

3º clasificado: Mateo Labandeira Troiteiro (EX Compostela)

Categoría Sub-12:

Campión: Hugo Souto Corredoura (Xadrez Mos)

Campioa: Noa Lopez Freiria (Xadrez Marin)

Subcampión: Mateo Alonso Novas (Xadrez Marin)

3º clasificado: Mauro Castro Barciela (Xadrez Mos)

Categoría Sub-14:

Campión: Alejandro Cereijo Suarez  (EX Compostela)

Campioa: Nerea Cereijo Suarez (EX Compostela)

Subcampión: Iago Fernandez Ramos (Marquiño)

3º clasificado: Ricardo Oubiña Pazos (Xadrez Fontecarmoa)

¡Parabéns a tod@s!

Clasificación Final XVCircuito Gallego de Ajedrez Promoción 2022 (actualizado 07/11/2022).

XIX Campionato de España Individual de Veteranos 2022

Onte rematou  o XIX Campionato de España Individual de Veteráns nos salóns do Hotel CAP Negret en Altea (Alicante) coa participación de 204 xogadores.

Na categoría maiores de 50 (Grupo A) o  Mestre Internacional Luis Maria Campos Gambuti proclamouse campión sumando un total de 7,5 ,  cos mesmos puntos, finalizou o IM José Candela Pérez como segundo clasificado, e o Galego Francisco Carrera Pérez finalizou na terceira posición  con 7 puntos.

Na categoría maiores de 65 (Grupo B), o Gran Mestre José Luis Fernández García, con 7,5 puntos, alzouse co campionato, o Galego Marcos Lorenzo Duran ocupou a segunda plaza  e o  IM Juan Pomes Marcet foi o terceiro clasificado, ambos con 7 puntos.

Enlace Info64 + 50

Enlace Info64+65

Retransmisión en directo +50

Retransmisión en directo +65

Subvencións a equipamento deportivo ano 2022 – 2ª convocatoria

Hoy a Secretaría Xeral para o Deporte pubricou no DOG a 2ª convocatoria de subvencións para a adquisición de equipamento deportivo.

As solicitudes das entidades desestimadas por falta de crédito na 1ª convocatoria de 2022 (Resolución do 01.08.2022 -DOG do 17.08.2022), TRAMITARÁNSE DE OFICIO, POLO QUE NON É NECESARIO QUE SE PRESENTE UNHA NOVA SOLICITUDE.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies