Category Archives: Sin categoría

XXXV Torneo Infantil de Xadrez Albariño

O domingo 30 de xullo de 2023 tivo lugar a clausura e entrega de premios do  VI TORNEO PERTENCENTE AO XVI CIRCUITO GALEGO XADREZ PROMOCIÓN 2023,  XXXV Torneo Infantil del Albariño con cerca de 100 xogadores participantes.

Máis información do torneo, neste enlace.

Enlaces a Info64: Sub-08Sub-10Sub-12 y Sub-14.

Clasificacion Provisional XVI Circuito Galego Xadrez Promoción2023 (actualizado el 31/07/2023).

AXUDAS DGAN 2023

Publicouse  listaxe provisional das solicitudes admitidas, pendentes de documentación e denegadas do procedemento PR961A AXUDAS DGAN 2023“.

O prazo de subsanación, se fose o caso, prolongarase durante 10 día hábiles, ata o vindeiro luns 7 de agosto.

Toda a  información neste enlace.

XXXVIII Festival Internacional de Xadrez “Cidade de Ferrol”

Onte tivo lugar a clausura e entrega de premios do 2º Torneo pertencente ao  XXXIV Circuito Galego Internacional de Xadrez 2023: XXXVIII Festival Internacional de Xadrez ” Cidade de Ferrol”, onde o IM  Lennis Martinez Ramirez proclamouse campión  con 8,5 puntos.

Máis información do torneo, neste enlace.

Enlace Info64

Clasificación Provisional do  XXXIV Circuito Galego de Xadrez 2023 (Actualizado 24/07/2023)

Campionato de España Sub-14 e Sub -14 Xadrez Rápido 2023

O sábado 22 de xullo tivo lugar a clausura e entrega de premios do Campionato  de España Sub-14 de lentas no Hotel Salobreña Suites (Granada), onde Daniel Tabuenca Mendataurigoitia (Cantabria) e Helena Joana Li Chen (Canarias) proclamaronse Campións.

Enlace Info64

Onte tivo lugar a clausura e entrega de premios do Campionato de España de Xadrez Rápido Sub-14 no Hotel Salobreña Suites (Granada) , Lionel Sierra Vallina e Alina Prochaieva ambos xogadores da Federación de Xadrez do Principado de Asturias foron os Campións.

Enlace Info64

Iago Fernandez Ramos (Club Deportivo Marquiño)  foi o xogador galego mellor clasificado no Campionato de España Sub-14 de lentas no posto 19 con 6 puntos e tamén no Campionato de España de Xadrez Rápido Sub14 no posto 16 con 6 puntos.

 

¡Parabéns!

Subvencións a entidades deportivas da Secretaría Xeral para o Deporte 2023

Hoxe, venres 21 de xullo, publicouse no Diario Oficial de Galicia a RESOLUCIÓN DEFINITIVA das subvencións a entidades deportivas  do procedemento PR945C (liña I:desenvolvemento de actividade deportiva; liña II: nucleos de adestramento deportivo especializado)

O prazo para solicitar o pagamento comezará mañá sábado 22 de xullo e rematará o 21 de agosto.

Recoméndase ler a “GUÍA” que está dispoñible xunto coa Resolución de beneficiarios no seguinte enlace.

Campionato de España Sub-12 e Sub -12 Xadrez Rápido 2023

O sábado 15 de xullo tivo lugar a clausura e entrega de premios do Campionato de España Sub-12 lentas no  Hotel Salobreña Suites (Granada), Pau Marín Ferragut (Baleares) e Ekaterina Kozlova (Canarias) proclamaronse Campións de España por Edades de Xadrez Sub 12.

O xogador Galego mellor clasificado foi Diego Ibañes Cruces (Club de Ajedrez Lucena) no posto 44 con  5,5 puntos.

Enlace Info64

Onte tivo  lugar  a clausura e entrega de premios  do Campionato de España Sub-12 de Xadrez Rápido 2023 no Hotel Salobreña Suites (Granada), no que o xogador Daniel Odriozola Coscolin do País Vasco proclamouse Campión empatando con 7,5 puntos co  2º Clasificado o xogador Galego Diego Ibañez Cruces (Club de Ajedrez Lucena). A xogadora  Adriana García Rodríguez de Canarias  foi a primeira clasificada feminina.

Enlace Info64

 

¡Parabéns!

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies