Category Archives: Sin categoría
VI Aberto Concello de Carballo Clásico
O Venrés 01 de Setembro de 2023, tivo lugar o 6º e derradeiro torneo pertencente ao calendario do XXXIV CIRCUITO GALEGO DE XADREZ 2023: VI Aberto Carballo Clásico onde o IM Lennis Martinez Ramirez proclamouse Campión do torneo con 7,5 puntos seguido do GM Aleksa Strikovic con 7 puntos.
D. Lennis Martinez Ramirez proclamouse Campión do XXXIV Circuito Galego de Xadrez 2023 con 5 participacións e 4 torneos puntuados obtendo os 46 puntos que o proclama vencedor deste ano.
Lembramos que, atendendo ás bases do XXXIV Circuito Galego de Xadrez para poder obtar aos premios da clasificación xeral do mesmo se solicitan, polo menos, 4 participacións.
Enlace Info64
Clasificación Final del XXXIV Circuito Gallego de Ajedrez 2023 (Actualizado 21/09/2023)
XIV Torneo Internacional Concello de Rianxo
O domingo 03 de setembro tivo lugar a clausura e entrega de premios do VII TORNEO PERTENCENTE AO XVI CIRCUITO GALEGO XADREZ PROMOCIÓN 2023, XIV Torneo Concello de Rianxo con cerca de 100 xogadores participantes.
Máis información do torneo, neste enlace.
Enlaces a Info64: Sub-08, Sub-10, Sub-12 y Sub-14.
Clasificacion Provisional XVI Circuito Galego Xadrez Promoción2023 (actualizado el 04/09/2023).
Campionato de España por equipos de Club de Primeira División 2023.
O sábado, 26 de Agosto de 2023 tivo lugar a clausura e entrega de premios no Hotel RL Aníbal de Linares (Jaén) do Campionato de España por equipos de Club de Primeira División 2023.
8 equipos participantes onde o FCC Medio Ambiente Benalmádena e o Sestao Hotel Naval obtiveron praza de ascenso á División de Honra 2024 ao obter o 1º e 2º posto, respectivamente.
O C.D. Xadrez Ourense obtivo o 4º posto con 9,0 puntos, permanecendo en primeira División para o 2024 e o C.X. Fontecarmoa – Viajes Interrias Sanxenxo obtivo o 8º posto con 1,0 punto descendendo á Segunda División para o 2024.
Máis información no seguinte enlace.
IX Aberto Internacional de Xadrez Hotel Cemar
Onte, domingo 20 de Agosto de 2023, tivo lugar a clausura e entrega de premios do V TORNEO PERTENCENTE AO XXXIV CIRCUITO GALEGO DE XADREZ 2023: IX Aberto Internacional de Xadrez Hotel Cemar onde o xogador do Club de Ajedrez Padrón e MI Diego Espiñeira González proclamouse Campión do torneo con 7,5 puntos.
Enlace Info64
Lémbrase que para optar aos premios da Clasificación Xeral do XXXIV Circuito Galego de Xadrez, haberá que participar en, polo menos, 4 dos torneos: Clasificación Provisional do XXXIV Circuito Galego de Xadrez 2023 (Actualizado 21/08/2023)
Campionato de España Individual de Xadrez Lóstrego e Xadrez Rápido 2023
O venres, 18 de Agosto de 2023 celebrouse o Campionato de España Individual de Xadrez Lóstrego 2023 no Hotel Palacio de Mengíbar (Jaén) con 24 xogadores galegos participantes, onde o xogador de Murcia e GM Jose Carlos Ibarra Jerez e a xogadora de Andalucía MI Ana Matnadze proclamáronse Campións de España con 9,5 e 7,0 puntos respectivamente. Toda a información no enlace de Info64.
E o Sábado, 19 de Agosto de 2023 no Hotel Aníbal de Linares (Jaén) tivo lugar o Campionato de España Individual de Xadrez Rápido 2023 con 19 xogadores galegos participantes onde o xogador de Madrid e GM Eduardo Iturrizaga Bonelli e a xogadora de Aragón MI Sabrina Vega proclamáronse Campións de España con 8,5 e 7,0 puntos respectivamente. O xogador galego do Círculo Ferrolán de Xadrez, D. Pablo Fernández Borrego, obtivo o 8º posto con 7,5 puntos. Máis información, no seguinte enlace.
Campionato de España por equipos de Club de Segunda División
O venres, 18 de Agosto de 2023 tivo lugar a clausura e entrega de premios do CECLUB de Segunda División 2023 en Linares (Jaén) onde o equipo de Valencia: EVA Manises proclamouse Campión de España con 14 puntos.
A clasificación final dos equipos galegos participantes neste Campionato foi:
Club Xadrez Rianxo no 8º posto con 10 puntos.
Escola Luguesa de Xadrez no 27º posto con 7 puntos.
Círculo Ferrolán de Xadrez no 34º posto con 7 puntos.
Máis información en Info64.