Category Archives: Sin categoría

Torneo Aniversario CIDU 2023

Onte, 01 de Maio de 2023 tivo lugar o I TORNEO PERTENCENTE AO XVI CIRCUITO GALEGO XADREZ PROMOCIÓN 2023 con preto de 110 xogadores participantes.

Toda a información do torneo nos seguintes enlaces de Info64: categoría Sub-08, categoría Sub-10, categoría Sub-12 e categoría Sub-14.

Clasificación Provisional do XVI Circuito Galego Xadrez Promoción 2023 (actualizado o 02/05/2023).

 

Cuarta División – Pontevedra Sur 2023

O Luns, 01 de Maio de 2023 no Hotel CEMAR de Mondariz Balneario terá lugar a Cuarta División – Pontevedra Sur 2023 cun total 20 equipos participantes: 2 equipos do Villla de Bouzas (Vigo), 3 equipos do Xadrez Ramiro Sabell (Ponteareas), 4 equipos de Xadrez Mos, 2 equipos do Xadrez Laroca (Nigran), 4 equipos da EM Puenteareas, 2 equipos da SD Club Marcote  e 3 equipos do Apóstol Santiago (Vigo).

Bases da Cuarta División – Pontevedra Sur 2023.

Máis información, neste enlace.

Campionatos de España de Xóvenes 2023.

A FEDA a través da súa circular 09/2023 convoca os Campionatos de España de Xóvenes Xadrez Standard Sub-008 a Sub-18 e Xadrez Rápido Sub-10 a Sub-18 2023.

Toda a información, neste enlace.

Para realizar as inscricións, nesta páxina web.

Subvencións a Clubs Deportivos Galegos tempada 2022/2023 ou 2023 – Deporte Adaptado

No día de hoxe (26/04/2023) pubricouse no DOG a ORDE do 13 de abril de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a clubs deportivos galegos que na tempada 2022/2023 ou 2023 conten con licenzas de deportistas con discapacidade, para a adquisición de equipamentos deportivos para deporte adaptado, incluído no Plan de promoción da igualdade no deporte no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NexGenerationEU, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento DE401B).

Máis información, neste enlace.

Campionato de España Universitario Xadrez 2023.

O xogador do Xadrez Fontecarmoa e IM Julio Suarez Gómez da USC proclamouse, por segundo ano consecutivo, Campión de España Universitario. Máis información, neste enlace.

O podio por Equipos quedou da seguinte maneira: USC 76,5 – 619,5 (1º Posto), Granada 76,5 – 518,5 (2º Posto) e Complutense De Madrid 7 6,5 – 619,5 (3º Posto).

E o xogador do Xadrez Benchoshey e CM Artai Bringas proclamouse Campión de España Universitario de partidas Blitz. Toda a información, neste enlace.

Aviso Importante – Liga Galega por equipos de Club 2023

Lembramos que o prazo límite para alinear xogadores nas ordes de forza dos equipos participantes na Liga Galega 2023 é ata as 17:00 horas do xoves, 13/04/2023; tal e como indica o apartado 3.6 do artigo 62 pertencente ao Título VIII do Regulamento Xeral de Competicións.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies