Category Archives: Sin categoría
Campionatos de España de Xóvenes Xadrez Standard e Xadrez Rápido Sub-08 a Sub-18 2024
A Federación Española de Ajedrez a través da súa circular 05/2024 convoca os Campionatos de España de Xóvenes Xadrez Standard e Xadrez Rápido Sub-08 a Sub-18 2024.
Toda a información, neste enlace.
XXXV Circuito Galego de Xadrez 2024
Pubrícase o calendario definitivo do XXXV CIRCUITO GALEGO DE XADREZ 2024.
Toda a información, neste enlace.
Campionatos Galegos Semana Santa 2024 “Xunta de Galicia”
Onte tivo lugar a clausura e entrega de premios no Hotel Scala (Padrón) dos Campionatos Galegos ” Xunta de Galicia” 2024 , categoría Absoluta, Feminina e Veterán.
No Campionato Absoluto Open 2024 o xogador Diego Guerra Bastida do Círculo Ferrolano proclamouse Campión, o Subcampión foi Xulio Del Prado (Club Xadrez Ourense) e o terceiro clasificado José Ramón González Pérez( Xadrez Benchoshey). Lidia Karen Zapata Campos (Xadrez Benchoshey) foi a 1ª clasificada feminina (16º posto na xeral).
Nas categorías Veteráns, D. Diego Guerra Bastida (Círculo Ferrolano), tamén proclamouse como o 1º veterano +50 no 1º posto e na categoría veterán + 65 o 1º foi D. Juan Carlos Berdullas Guerra (Círculo Xadrez Naron) no posto 27º da xeral.
Na Categoría Sub-16, proclamouse Campión o xogador da Escola Luguesa Uxío Vilariño Lorenzo, Eduardo Cabañas Lopez (USC) foi o Subcampión e Iago Fernandez Ramos (Club Deportivo Marquiño) o 3º clasificado. Nerea Cereijo Suarez (Escola Xadrez Compostela) acadou o 6º posto na xeral e foi a 1ª Clasificada Feminina.
Na Categoría Sub-10, o xogador do Club de Ajedrez Padrón, Javier Lema Fernández proclamouse Campión, Noe Diz Eitor (Club de Ajedrez Padrón) foi o Subcampión e Xoel Roo Perez (Club Deportivo Marquiño) o 3º clasificado. Emma Etterbeek Pombo (Escola de Xadrez Mirko) acadou o posto 11º da xeral e foi a primeira clasificada feminina.
Na Categoría Sub-12, proclamouse Campión o xogador Nicolás Fernández Sabajanes da Escola Xadrez Compostela, Marcos Flores Iglesias (Escola Luguesa de Xadrez) foi o Subcampión e Sergio Calvo Miguez (Escola Xadrez Compostela) o 3º clasificado. Jimena Lavinia Abad Alonso (Club Dep. Xadrez Ourense) acadou o 13º posto da xeral e foi a 1ª clasificada feminina.
Enlaces a Info64: categoría Sub-10, categoría Sub-12, categoría Sub-16 e categoría Absoluta.
Enlaces de retransmisión: categoría Sub-10, categoría Sub-12, categoría Sub-16 e categoría Absoluta.
¡Parabéns a todos!
Liga Galega por equipos de Club 2024 – Prazo máximo alineacións
Lémbrase a todos os equipos participantes na Liga Galega 2024 que, atendendo ao apartado 3.7 do artigo 62 do Título VIII do Regulamento Xeral de Competicións desta Federación Galega de Xadrez, o xoves, 04 de Abril de 2024 ás 17:00 horas remata o prazo de alineacións de xogadores para participar na Liga Galega.
Campionatos Galegos “Xunta de Galicia” Sub14 e Sub 18 2024
Onte tivo lugar a clausura e entrega de premios no Hotel Scala (Padrón) dos Campionatos Galegos ” Xunta de Galicia” 2024 , categorías Sub-14 Open e Sub-18 Open.
Na Categoría Sub-14, o xogador do Club Xadrez Mos, Javier Del Valle Crespo proclamouse Campión, Nicolas Amado Fernandez (Club Xadrez Val do Dubra) foi o Subcampión e Diego Ibañez Cruces (Club Ajedrez Lucena) o 3º clasificado. Antía Reboredo Barroso (Club Xadrez Ramiro Sabell) acadou o porto 19º da xeral e foi a primeira clasificada feminina.
Na Categoría Sub-18, proclamouse Campión o xogador Diego Cacheiro Blanco do Club USC, Xulio del Prado Rodriguez (Club Deportivo Xadrez Orense) foi o Subcampión e Eduardo Cabañas Lopez (Club USC) o 3º clasificado. Paula Suarez Gomez (Club Xadrez Fontecarmoa) acadou o 7º posto da xeral e foi a 1ª clasificada feminina.
Toda a información, en este enlace.
¡Parabéns a todos!
Campionato Galego “Xunta de Galicia” Sub 08 2024
Onte tivo lugar no Hotel Scala de Padrón (A Coruña) a clausura e entrega de premios do Campionato Galego “Xunta de Galicia ” Sub-08 2024.
O xogador da Escola Ames Xadrez, Fernando Carregal Toledo proclamouse Campión, Anna Soares Barreiro (C.X. As Burgas) quedou en segundo lugar na Xeral e Primeira Clasificada Feminina e Manuel Rios Delgado (Ajedrez Lucena) o 3º clasificado.
Toda a información, neste enlace.
Parabéns a todos!