Category Archives: Sin categoría
Campionato de España Feminino 2017
O Campionato de España Feminino celebrouse en Linares durante os días 21 ao 27 de agosto. Sabrina Vega Gutiérrez de Canarias proclamouse Campiona de España con 7,5 puntos, finalizando o torneo invicta. Tamén finalizou invicta, a xogadora andaluza María Adela Perera Borrego quen con 6,5 puntos finalizou en segunda posición. Completou o podio a xogadora do Clube Deportivo Xadrez Ourense, Yudania Hernández Estevez, con 6 puntos e un mellor desempate que as xogadoras Belinda Vega Gutiérrez e Graciela Redondo Arguelles, esta última xogadora do Club Regatas de Perillo.
IV Aberto Internacional de Xadrez – Hortel CEMAR
O 23 de Agosto tivo lugar a clausura e entrega de premios do 6º e derradeiro torneo pertencente ao XXX Circuito galego de Xadrez 2017: IV Aberto Internacional de Xadrez – Hortel CEMAR, onde o MI Alexej Orbatov proclamouse campión do torneo.
Enlace a info64.
Clasificación final do XXX Circuito Galego de Xadrez 2017. (rectificada 04/09/2017).
XXXIII Open Internacional de Xadrez Albariño 2017
O 09 de Agosto tivo lugar a clausura e entrega de premios do 5º torneo pertencente ao XXX Circuito Galego de Xadrez: XXXIII Open Internacional de Xadrez Albariño, onde o GM David Lariño Nieto da Escola Luguesa de Xadrez, proclamouse Campión do torneo.
Enlace a chess-results.
Clasificación xeral provisional do XXX Circuito Galego de Xadrez 2017. (actualizada 18/08/2017)
XXXI Torneo Infantil de Xadrez Albariño 2017.
O Sabado, 29 de Xullo de 2017, tivo lugar o 9º torneo pertencente ao XII Circuito Galego Xadrez Promoción 2017: XXXI Torneo Infantil de Xadrez Albariño, onde participaron preto de 100 xogadores.
Máis información, neste enlace.
Clasificación Xeral XII Circuito Galego de Xadrez Promoción 2017 (actualizado 18/08/2017).
Campionato de España de Xadrez Lóstrego 2017
O Campionato de España de Xadrez Lóstrego concluíu en Linares con 195 participantes. Lázaro Bruzón Batista proclamouse campión con 8 puntos de 9 posibles. O primer español e segundo clasificado foi David Lariño Nieto, da Escola Luguesa de Xadrez, con 7,5 puntos empatado con Daniel Forcén Esteban quen acadou o torneo no tercer posto.