Campionatos Galegos Sub14 e Sub16 2021
Onte tivo lugar a clausura e entrega de premios no Hotel Scala de Padrón (A Coruña) dos Campionatos Galegos Sub14 e Sub16.
Alejandro Cereijo (EX Compostela) proclamouse Campión Galego Sub-14 con 6,5 puntos dos 8 posibles, Hugo Dominguez (tamén da EX Compostela) foi subcampión galego e Xulio Del Prado (do Círculo Chantadino) 3º clasificado. Nerea Cereijo (EX Compostela) acadou o 13º posto da xeral e foi a 1ª clasificada feminina.
Na categoría Sub-16, Rubén Fernández (EX Pontevedra) proclamouse Campión Galego Sub-16 con 7 puntos dos 8 posibles, Juan Manuel Martínez (tamén da EX Pontevedra) foi subcampión galego e o 3º clasificado Luca Rey (Xadrez Fontecarmoa). Marta Quintás Fernández acadou o 4º posto da xeral e foi a 1ª clasificada feminina.
Enlaces Info64:
Campionato Galego Sub-14 Open 2021.
Campionato Galego Sub-16 Open 2021.
Retransmisión: