Campionatos Galegos Semana Santa 2017 (Categorías: Sub-08, Sub-12, Sub-16, Absoluta, Feminina e Veterán)
O venres tivo lugar a clausura e entrega de premios do Campionato Galego Absoluto, Feminino e Veterán onde a xogadora do Ajedrez Padrón, Ines Prado Acebo proclamouse Campiona Galega Absoluta. A primeira muller que acada este título nos últimos 30 anos. Fernando Sanchez Aller (Xadrez Rianxo) foi o Subcampión Galego e Diego Espiñeira Gonzalez (Ajedrez Padrón) o 3º clasificado. Marcos Lorenzo Duran (Liceo Recreo Ourensano) proclamouse Campión Galego Veterán. Noraboa!!
Campionato Galego Sub-08: Iago Fernandez Ramos do Xadrez Brétema Campión Galego Sub-08 e Clara Mendez Rial do Ajedrez Padrón 1ª clasificada.
Campionato Galego Sub-12: Ruben Fernandez Lopez da Universidad de Vigo Campión Galego Sub-12 e Carla Ramirez Senlle do Xadrez Mos 1ª clasificada.
Campionato Galego Sub-16: Alfonso Lopez Gonzalez do Ajedrez Padrón Campión Galego Sub-16 e Paula Garcia Alvarez do Xadrez Marín 3ª clasificada da xeral e 1ª clasificada feminina.