Campionato Galego 2020 Absoluto, Feminino e Veteran
O pasado domingo, 19 de xullo de 2020, tivo lugar a clausura e entrega de premios dos Campionato Galego Absoluto, modalidade open. O xogador do CDR Portas Abertas Xadrez Verín, David Lariño Nieto quedou como 1º clasificado da xeral con 7 puntos. O xogador do Círculo Chantadino, Rafael Rodríguez López, foi o 2º clasificado con 6 puntos e Julio Suarez Gomez de Club Xadrez Fontecarmoa o 3º clasificado con 5,5 puntos, a 1ª clasificada feminina, Inés Prado Acebo do Club Xadrez Rianxo con 5 puntos.