Campionato Europeo Individual Absoluto 2016
Trala finalización do Campionato Europeo Individual, os tres representantes españoles conseguiron situarse entre as 23 primeiras posicións que otorgan plaza directa para a Copa do Mundo. Os tres xogadores xogaron un total de 33 partidas, perdendo sóamente unha. Estos resultados confirman o bo estado de forma do equipo español.
En quinta posición finalizou Francisco Vallejo con 8 puntos e un performance de 2777, o que permitiulle subir 10,6 puntos. Iván Salgado, con 7,5 puntos, ocupou a decimoséptima posición grazas a un performance de 2686 e unha subida de 11,9 puntos. Cós mesmos 7,5 puntos finalizou en decimonovena posición David Antón cun performance de 2671 e subindo 10,5 puntos.
Grazas a estos magníficos resultados na próxima Copa do Mundo contaremos con tres representantes españoles, un resultado histórico. ¡Noraboa!