Campionato de Europa de Seleccións 2021
Na vixésima terceira edición do Campionato de Europa de Seleccións, a Selección Española Absoluta logrou un resultado histórico finalizando na cuarta posición cós mesmos puntos cá Selección Polaca, quen obtivo a terceira praza grazas a un mellor desempate.
A Selección Española Absoluta sumou 13 puntos logrando non perder ningún dos seus encontros: táboas contra Rusia, Ucrania, Hungría, Armenia e Polonia, mentras que impúxose ante Islandia, Turquía, Rumanía e Países Bajos na última rolda. O xogador galego e GM Iván Salgado López convocado como 4º taboleiro obtivo 3 puntos en 6 partidas disputadas.