Campionato de España Sub-12 e Sub -12 Xadrez Rápido 2023
O sábado 15 de xullo tivo lugar a clausura e entrega de premios do Campionato de España Sub-12 lentas no Hotel Salobreña Suites (Granada), Pau Marín Ferragut (Baleares) e Ekaterina Kozlova (Canarias) proclamaronse Campións de España por Edades de Xadrez Sub 12.
O xogador Galego mellor clasificado foi Diego Ibañes Cruces (Club de Ajedrez Lucena) no posto 44 con 5,5 puntos.
Onte tivo lugar a clausura e entrega de premios do Campionato de España Sub-12 de Xadrez Rápido 2023 no Hotel Salobreña Suites (Granada), no que o xogador Daniel Odriozola Coscolin do País Vasco proclamouse Campión empatando con 7,5 puntos co 2º Clasificado o xogador Galego Diego Ibañez Cruces (Club de Ajedrez Lucena). A xogadora Adriana García Rodríguez de Canarias foi a primeira clasificada feminina.
¡Parabéns!