Campionato de España Individual de Xadrez Lóstrego e Xadrez Rápido 2023
O venres, 18 de Agosto de 2023 celebrouse o Campionato de España Individual de Xadrez Lóstrego 2023 no Hotel Palacio de Mengíbar (Jaén) con 24 xogadores galegos participantes, onde o xogador de Murcia e GM Jose Carlos Ibarra Jerez e a xogadora de Andalucía MI Ana Matnadze proclamáronse Campións de España con 9,5 e 7,0 puntos respectivamente. Toda a información no enlace de Info64.
E o Sábado, 19 de Agosto de 2023 no Hotel Aníbal de Linares (Jaén) tivo lugar o Campionato de España Individual de Xadrez Rápido 2023 con 19 xogadores galegos participantes onde o xogador de Madrid e GM Eduardo Iturrizaga Bonelli e a xogadora de Aragón MI Sabrina Vega proclamáronse Campións de España con 8,5 e 7,0 puntos respectivamente. O xogador galego do Círculo Ferrolán de Xadrez, D. Pablo Fernández Borrego, obtivo o 8º posto con 7,5 puntos. Máis información, no seguinte enlace.