Campionato de España Individual Absoluto e Feminino 2021
Durante os días 16 e 24 de agosto celebrouse o Campionato de España Individual Absoluto e Feminino nos salóns do hotel “RL Aníbal” de Linares, Jaén.
Eduardo Iturrizaga Bonelli proclamouse campión absoluto con 7,5 puntos en 9 roldas disputadas.
A xogadora Sabrina Vega Gutiérrez alzouse có título de Campioa de España Feminina con 6 puntos.
O xogador galego mellor clasificado foi o GM Iván Salgado do Club Xadrez Ourense, obtendo o 6º posto con 7 puntos.
Toda a información, neste enlace.