Campionato de España Sub 16 e Sub 16 de Xadrez Rápido 2022
O Sábado 30 de Xullo tivo lugar a clausura e entrega de premios do Campionato de España Sub-16 onde o Mestre Fide Diego Macias Pino (8 de 9 puntos) da Comunidad Valenciana proclamouse Campión de España e a xogadora Cristina Sureda González proclamouse Campioa de España Feminina.
O xogador galego mellor clasificado nesta categoría foi Alejandro Cereijo Suárez (E.X. Compostela) no 14º posto con 6.5 puntos dos 9 posibles.
Toda a información do Campionato, neste enlace.
E onte tivo lugar a clausura e entrega de premios do Campionato de España Sub-16 xadrez rápido onde o Mestre Fide Diego Macías Pino da Comunidad Valenciana volveu a proclamarse Campión con 8 de 9 puntos. Na clasificación feminina, a xogadora de Castilla y León, Carmen Menéndez Osorio alzouse cá victoria con 6 puntos.
O mellor xogador galego nesta modalidade foi Xabier Pérez Sousa (Xadrez Mos) no 18º posto con 6 puntos dos 9 posibles.
Enlace Info64.