I Torneo Open Internacional de xadrez “Deputación da Coruña”
Onte tivo lugar a clausura e entrega de premios do 6º e derradeiro torneo pertencente ao calendario do XXXIII Circuito Galego de Xadrez 2022: I Torneo Open Internacional de xadrez “Deputación da Coruña” onde o MF Luis Marcos Medarde Santiago (Xadrez Verín) proclamouse campión do torneo con 7,5 puntos dos 9 posibles. O GM Omar Almeida Quintana quedou 2º clasificado cós mesmos puntos.
Enlace a Info64.
Clasificación Final do XXXIII Circuito Galego de Xadrez 2022 (actualizada o 12/09/2022)
D. Luis Marcos Medarde Santiago proclamouse Campión do XXXIII Circuito Galego de Xadrez con 5 participacións e 4 torneos puntuados obtendo os 40 puntos que o proclama vencedor deste ano.
Lembramos que, atendendo ás bases do XXXIII Circuito Galego de Xadrez para poder obtar aos premios da clasificación xeral do mesmo se solicitan, polo menos, 4 participacións.