Xunta de Galicia - Deporte Galego

XXXIII Circuito Galego de Xadrez Internacional 2022

Dando continuidade ao circuito internacional celebrado no ano 2019, dende a Federación Galega de Xadrez estase a traballar na elaboración do XXXIII CIRCUITO GALEGO DE XADREZ INTERNACIONAL 2022, respetando as tradicións dos torneos e as condicións, caraterísticas e datas de anteriores edicións para cada un deles.

O prazo de solicitude de inscrición pecharase o 07 de Abril de 2022 (incluido). Os interesados deberán enviar o formulario de coordinación debidamente cumprimentado ao e-mail fegaxa@fegaxa.org.

Formulario de coordinación (formato word ou formato pdf).

O Sábado, 09 de Abril de 2022 ás 17:00 horas terá lugar no Hotel Scala de Padrón (A Coruña) a reunión de organizadores da anterior edición e outros que o soliciten fehacentemente.