Campionatos Galegos Sub-10 e Sub-12 2021
O domingo tivo lugar a clausura e entrega de premios no Hotel Scala ( Padrón) dos Campionatos Galegos Sub-10 e Sub-12 2021.
Diego Ibañez (Lucena) proclamouse Campión Galego Sub-10 con 7 puntos dos 8 posibles, Begoña Lage (Xadrez Mos ) foi subcampioa Galega e 1ª clasificada feminina e Mateo Martínez (Xadrez Benchoshey) 3º clasificado.
Na categoría Sub-12, Nicolas Amado ( Xadrez Val do Dubra) proclamouse Campión Galego con 6,5 puntos dos 8 posibles, Iago Fernandez (Ajedrez Marquiño) foi subcampión Galego e Mateo Dibuja (Liceo Ourense) 3º clasificado. Angela Castiñeira ( Regatas Perillo ) acadou o 5º posto da xeral e foi a 1ª clasificada feminina.
Enlaces a info64:
Campionato Galego Sub-10 2021.
Campionato Galego Sub-12 2021.
Retransmisión en directo:
Campionato Galego Sub-10 2021.
Campionato Galego Sub-12 2021.