Xunta de Galicia - Deporte Galego

Afiliación Tempada 2020

A Federación Galega de Xadrez abre o prazo de afiliación para a Tempada 2020.

A documentación correspondente, neste enlace.

Os prazos son os seguintes:

  • Notificación alta/baixa equipos para a Liga Galega: ata o 17/11/2019 (incluido).
  • Realización ou modificación das ordes de forza: ata o 01/12/2019 (incluido)
  • Ingreso da liquidación: do 02 ao 19 de xaneiro de 2020 (a.i.)

Infórmase que atendendo á Lei de Protección de Datos non se admitirá a recepción de ningún tipo de documentación vía WhatsApp.

Se algún  Club quere federar algún xogador na actual tempada 2019 prégase  poñanse en contacto  coa federación no e-mail  fegaxa@fegaxa.org.