Xunta de Galicia - Deporte Galego

XXXII Circuito Galego de Xadrez Internacional 2019

Dando continuidade ao circuito internacional celebrado no ano 2018, dende a Federación Galega de Xadrez estase a traballar na elaboración do XXXII CIRCUITO GALEGO DE XADREZ INTERNACIONAL 2019, respetando as tradicións dos torneos e as condicións, caraterísticas e datas de anteriores edicións para cada un deles.

O prazo de solicitude de inscrición pecharase o 02 de Maio de 2019 (incluido). Os interesados deberán enviar o formulario de coordinación debidamente cumprimentado ao e-mail fegaxa@fegaxa.org.

Formulario de coordinación (formato word ou formato pdf).