Xunta de Galicia - Deporte Galego

Campionatos Galegos Entroido 2019 (categorías Sub-14 e Sub-18)

O pasado Martes, 05 de Marzo de 2019, tivo lugar a clausura e entrega de premios dos Campionatos Galegos Sub-14 e Sub-18.

Ruben Fernandez Lopez da Escola Xadrez Pontevedra e Marta Quintas Fernandez da Escola Luguesa de Xadrez proclamáronse Campión e 1ª clasificada no Campionato Galego Sub-14.

No Campionato Galego Sub-18 foron Claudio Reboredo Martinez da Escola Tecnica de Xadrez e Angela Rodriguez Ferreiros do Club Xadrez Fontecarmoa o Campión e 1ª clasificada respectivamente.

Máis información en Info64: categoría Sub-14 e categoría Sub-18.