Campionato de España Feminino 2017
![](https://www.fegaxa.org/wp-content/uploads/2017/08/CampionatoEspaña.jpg)
O Campionato de España Feminino celebrouse en Linares durante os días 21 ao 27 de agosto. Sabrina Vega Gutiérrez de Canarias proclamouse Campiona de España con 7,5 puntos, finalizando o torneo invicta. Tamén finalizou invicta, a xogadora andaluza María Adela Perera Borrego quen con 6,5 puntos finalizou en segunda posición. Completou o podio a xogadora do Clube Deportivo Xadrez Ourense, Yudania Hernández Estevez, con 6 puntos e un mellor desempate que as xogadoras Belinda Vega Gutiérrez e Graciela Redondo Arguelles, esta última xogadora do Club Regatas de Perillo.