Xunta de Galicia - Deporte Galego

Campionatos Galegos “Xunta de Galicia” Sub14 e Sub 18 2024

Onte tivo lugar a clausura e entrega de premios no Hotel Scala (Padrón) dos Campionatos Galegos ” Xunta de Galicia” 2024 , categorías Sub-14 Open e Sub-18 Open.

Na Categoría Sub-14, o xogador do Club Xadrez Mos, Javier Del Valle Crespo  proclamouse Campión,  Nicolas Amado Fernandez  (Club Xadrez Val do Dubra) foi o Subcampión e Diego Ibañez Cruces (Club Ajedrez Lucena) o  3º clasificado. Antía Reboredo Barroso  (Club Xadrez Ramiro Sabell) acadou o porto 19º da xeral e  foi a primeira clasificada feminina.

Na Categoría Sub-18, proclamouse Campión o xogador  Diego Cacheiro Blanco do Club USC, Xulio del Prado Rodriguez  (Club Deportivo Xadrez Orense)  foi o Subcampión  e Eduardo Cabañas Lopez (Club USC) o 3º clasificado.  Paula Suarez Gomez (Club Xadrez Fontecarmoa) acadou o 7º posto da xeral e foi a 1ª clasificada feminina.

Toda a información, en este enlace.

 

¡Parabéns a todos!