Campionato de España Individual Absoluto e Feminino 2023
O sábado 21 de octubre tivo lugar nos salóns do Senator Marbella Spa Hotel a clausura e entrega de premios do Campionato de España Individual Absoluto e Feminino 2023. O GM Eduardo Iturrizaga proclamouse Campión de España Absoluto,acompáñano no podio o GM Alan Pichot e o GM Maksim Chigaev.
A Campiona feminina foi a MI Sara Khadem e o mellor xogador xuvenil o FM Daniel Tabuenca Mendataurigoitia.
O xogador galego mellor clasificado foi o M.I. Julio Suárez Gómez do Club Xadrez Fontecarmoa.