Campionato de España Sub-10 e Sub 10 Xadrez Rápido 2023
O sábado 08 de Xullo tivo lugar a clausura e entrega de premios no Hotel Salobreña Suites (Granada) do Campionato de España Sub-10 de lentas, onde o xogador Mateo Mendoza Barcia (Aragón) proclamouse Campión de España e a xogadora Beatriz Pardo Ruiz (Comunidad Valenciana) Campiona Feminina de España.
O xogador Galego mellor clasificado foi David Alvarez Gonzalez (Ajedrez Lucena) no posto 14 con 6 puntos.
Onte tivo lugar a clausura e entrega de premios no Hotel Salobreña Suites (Granada) do Campionato de España Sub-10 de Xadrez Rápido, Sebastián Fuentes de Nova de Castilla La Mancha e Beatriz Pardo Ruiz da Comunidade Valenciana proclamaronse Campións de España por Idades de Xadrez Rápido 2023.
O xogador Galego mellor clasificado foi Javier Lema Fernandez (Ajedrez Padrón) no posto 8 con 6.5 puntos.
¡Parabéns!