Campionatos Galegos Absoluto, Feminino e Veteran 2023 «Xunta de Galicia»
Onte tivo lugar a clausura e entrega de premios no Hotel Scala de Padrón (A Coruña), do Campionato Galego Absoluto Open 2023, Luis Marco Medarde Santiago (Club Ajedrez Padrón) proclamouse Campión Galego, Julio Suarez Gómez (Club Xadrez Fontecarmoa) foi subcampión Galego e Samuel Villar Perez (Club Xadrez Rianxo) 3º clasificado. Lidia Karen Zapata Campos ( Club Xadrez Rianxo) foi a 1ª clasificada feminina (12º posto na xeral).
Nas categorías Veteráns, D. Juan Roberto Patiño Romaris (Club USC) foi o 1º veterano +50 no 10º posto con 5,5 puntos e na categoría veterana + 65 o 1º foi D. Juan Carlos Berdullas Guerra (Círculo Xadrez Naron) no posto 22º con 5 puntos.
Enlace a Info64: categoría Absoluta.
Retransmisión en directo, neste enlace.