Daily Archives: 19 de Agosto de 2024
X Aberto Internacional de Xadrez “Hotel Cemar” “Fernando Marcote in Memorian”
O Domingo, 18 de Agosto de 2024 tivo lugar a clausura e entrega de premios do X Aberto Internacional de Xadrez “Hotel Cemar” “Fernando Marcote in Memorian” (4º e derradeiro torneo pertencente ao XXXV Circuito Galego de Xadrez 2024) onde o FM Alberto Portela Peleteiro (EX Pontevedra) proclamouse Campión con 7,5 puntos. O xogador portugués Paulo Alexandre Monteiro obtivo o 2º posto con 7,0 puntos.
Lémbrase que para optar os premios da Clasificación Xeral do XXXV Circuíto Galego de Xadrez, haberá que participar en, polo menos, 3 dos torneos. A participación terase en conta sempre e cando rematen ditos torneos, tendo en conta o estipulado no apartado b.5) do título VII do Regulamento Xeral de Competicións.
Clasificación Final XXXV Circuito Galego de Xadrez (Actualizado o 19/08/2024)
Para máis información do XXXV Circuito Galego de Xadrez, aquí.
Campionatos de España Individuais Absolutos Lóstrego e Rápidas 2024
O venres, 16 de Agosto de 2024 tivo lugar no Hotel Palacio de Mengíbar o Campionato de España Individual Absoluto de xadrez Lóstrego 2024.
14 xogadores galegos participantes (2 IM, 1 WIM e 3 FM) onde o xogador Julio Suárez Gómez (IM) do Club Xadrez Fontecarmoa participou como representante galego e tivo a mellor clasificación con 7,5 puntos no 26º posto.
Clasificación Final Campionato de España Individual Absoluto de Xadrez Lóstrego 2024.
E o sábado, 17 de Agosto de 2024 tivo lugar no Hotel Palacio de Mengíbar o Campionato de España Individual Absoluto de xadrez Rápido 2024.
15 xogadores galegos participantes (2 IM, 1 WIM e 5 FM) onde o xogador Julio Suárez Gómez (IM) do Club Xadrez Fontecarmoa, tamén, participou como representante galego e tivo a mellor clasificación con 8,0 puntos no 6º posto.
Clasificación Final Campionato de España Individual Absoluto de Xadrez Rápido 2024.
Campionato de España por equipos de Club de Segunda División 2024
O pasado venres, 16 de Agosto de 2024, tivo lugar a clausura e entrega de premios do Campionato de España por equipos de Club de Segunda División 2024 que tivo lugar no Hotel RL Aníbal de Linares (Jaén).
O equipo madrileño Filantropos Equigoma proclamouse Campión con 13 puntos.
Este ano ningún equipo galego conseguiu o ascenso a Primeira División Nacional.