Monthly Archives: Agosto 2024

Campionatos de Europa Sub-08 a Sub-18

O domingo, 1 de Setembro de 2024 remataron en Praga (República Checa) os Campionatos de Europa Sub-08 a Sub-18.

4 xogadores galegos participantes, onde a xogadora Paula Suarez Gomez do Club Xadrez Fontecarmoa tivo a mellor clasificación con 5,5 puntos no 19º posto na categoría Sub 18 feminina.

Web oficial: https://www.eycc2024.eu/

Campionato de España de Afeccionados 2024.

O domingo 1 de setembro tivo lugar a clausura e entrega de premios  do Campionato de España de Afeccionados 2024 Tramos de Elo 1700- 2000- 2300.  O xogador Galego Martín Gomez Carreño (Club Deportivo Xadrez Ourense) acadou o Tercer Posto con 6.5 puntos no Tramo de Elo 2300 e no Tramo de Elo 2000 a xogadora Galega mellor clasificada foi Carmen Lopez Graña (Círculo Ferrolano de Ajedrez) no posto 72.

Enlace Info64, Tramo-1700Tramo-2000 y Tramo-2300

Galería de fotos: Facebook FEDA

XV Torneo Internacional Concello de Rianxo 2024

O domingo, 01 de Setembro tivo lugar a Clausura e entrega de premios do 8º Torneo pertencente ao XVII Circuito Galego de Xadrez Promoción 2024: XV Torneo Internacional Concello de Rianxo con la participación de 89 xogadores.

Enlaces Info64: Sub-08Sub-10Sub-12 Sub-14.

Clasificación Provisional do XVII Circuito Galego Xadrez Promoción 2024 (Actualizado o 02/09/2024).

Para máis información do XVII Circuito Galego Xadrez Promoción 2024, aquí.

Campionato de España por equipos de Club de Primeira División 2024

O sábado, 24 de Agosto de 2024 tivo lugar a clausura e entrega de premios do Campionato de España por Equipos de Club de Primeira División 2024.

Os equipos C.A. Jaime Casa de Monzón e Oromana Cen Solutions son os dous equipos que ascenden á División de Honra 2025, e C.E. Barcelona “A” e C.D. Xadrez Ourense son os equipos que descenden a Segunda División 2025.

Resultados e emparellamentos: INFO64

Galería Fotográfica: Facebook FEDA

Reportaxes audiovisuais: Youtube FEDA

X Aberto Internacional de Xadrez “Hotel Cemar” “Fernando Marcote in Memorian”

O Domingo, 18 de Agosto de 2024 tivo lugar a clausura e entrega de premios do X Aberto Internacional de Xadrez “Hotel Cemar” “Fernando Marcote in Memorian” (4º e derradeiro torneo pertencente ao XXXV Circuito Galego de Xadrez 2024) onde o FM Alberto Portela Peleteiro (EX Pontevedra) proclamouse Campión con 7,5 puntos. O xogador portugués Paulo Alexandre Monteiro obtivo o 2º posto con 7,0 puntos.

Enlace Info64.

Lémbrase que para optar os premios da Clasificación Xeral do XXXV Circuíto Galego de Xadrez, haberá que participar en, polo menos, 3 dos torneos. A participación terase en conta sempre e cando rematen ditos torneos, tendo en conta o estipulado no apartado b.5) do título VII do Regulamento Xeral de Competicións.

Clasificación Final XXXV Circuito Galego de Xadrez (Actualizado o 19/08/2024)

Para máis información do XXXV  Circuito Galego de Xadrez, aquí.

 

Campionatos de España Individuais Absolutos Lóstrego e Rápidas 2024

O venres, 16 de Agosto de 2024 tivo lugar no Hotel Palacio de Mengíbar o Campionato de España Individual Absoluto de xadrez Lóstrego 2024.

14 xogadores galegos participantes (2 IM, 1 WIM e 3 FM) onde o xogador Julio Suárez Gómez (IM) do Club Xadrez Fontecarmoa participou como representante galego e tivo a mellor clasificación con 7,5 puntos no 26º posto.

Clasificación Final Campionato de España Individual  Absoluto de Xadrez Lóstrego 2024.

E o sábado, 17 de Agosto de 2024 tivo lugar no Hotel Palacio de Mengíbar o Campionato de España Individual Absoluto de xadrez Rápido 2024.

15 xogadores galegos participantes (2 IM, 1 WIM e 5 FM) onde o xogador Julio Suárez Gómez (IM) do Club Xadrez Fontecarmoa, tamén, participou como representante galego e tivo a mellor clasificación con 8,0 puntos no 6º posto.

Clasificación Final Campionato de España Individual Absoluto de Xadrez Rápido 2024.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies