Daily Archives: 12 de Xullo de 2024
Comunicado 05/2024 Comité Técnico de Árbitros: Oferta de Arbitraxe Campionatos de España 2024
A Federación Española de Xadrez na súa circular 05/2024 Convoca as ofertas de arbitraxes para os campionatos de España do 2024.
Podese consultar no seguiente enlace.
Campionato de España Sub 12 e Sub 12 Xadrez Rápido 2024
O sábado 13 de xullo tivo lugar a clausura e entrega de premios no Hotel Salobreña Suites (Granada) do Campionato de España Sub-12 de lentas, Álvaro Torres Rebolledo de Madrid e Amaya Alfaro Aldunate de Navarra, proclamaronse Campións de España de Xóvenes Categoría Sub 12.
O xogador galego mellor clasificado foi Nicolas Fernandez Sabajanes (Escola Xadrez Compostela) no 13º posto con 6,5 puntos.
O Domingo 14 de Xullo no Hotel Salobreña Suites (Granada) tivo lugar a clausura e entrega de premios do Campionato de España Sub-12 de Xadrez Rápido, Álvaro Torres Rebolledo de Madrid e Laura Gimeno Torres de Aragón, proclamaronse Campións de España por Edades de Xadrez Rápido Categoría Sub 12.
O xogador galego mellor clasificado foi David Alvarez Gonzalez (Club Ajedrez Lucnea) no 13º posto con 6,5 puntos.
Convocatoria Extraordinaria de exame de árbitro de base e árbitro autonómico de xadrez 2024.
Terá lugar na Casa do Deporte de Vigo sita na Rúa Luis Ksado, Nº 17 os seguintes días e horarios:
- 21/09/2024 de 11:00 a 14:00 horas terá lugar o exame de Árbitro Autonómico de Base.
- 28/09/2024 de 10:30 a 14:00 horas terá lugar o exame de Árbitro Autonómico.
Prazo de inscrición rematado.
Convocatoria e toda a información, neste enlace.