Daily Archives: 01 de Abril de 2024

Campionatos Galegos Semana Santa 2024 “Xunta de Galicia”

Onte tivo lugar a clausura e entrega de premios no Hotel Scala (Padrón) dos Campionatos Galegos ” Xunta de Galicia” 2024 , categoría Absoluta, Feminina e Veterán.

No Campionato Absoluto Open 2024 o xogador Diego Guerra Bastida do Círculo Ferrolano  proclamouse Campión, o Subcampión  foi Xulio Del Prado (Club Xadrez Ourense) e o terceiro clasificado José Ramón González Pérez( Xadrez Benchoshey). Lidia Karen Zapata Campos (Xadrez Benchoshey) foi a 1ª clasificada feminina (16º posto na xeral).

Nas categorías Veteráns, D. Diego Guerra Bastida (Círculo Ferrolano), tamén proclamouse como o 1º veterano +50 no 1º posto  e na categoría veterán + 65 o 1º foi D. Juan Carlos Berdullas Guerra (Círculo Xadrez Naron) no posto 27º da xeral.

Na Categoría Sub-16, proclamouse Campión o xogador da Escola Luguesa Uxío Vilariño Lorenzo, Eduardo Cabañas Lopez (USC) foi o Subcampión e Iago Fernandez  Ramos (Club Deportivo Marquiño) o 3º clasificado. Nerea Cereijo Suarez (Escola Xadrez Compostela) acadou o 6º posto na xeral e foi a 1ª Clasificada Feminina.

Na Categoría Sub-10, o xogador do Club de Ajedrez Padrón, Javier Lema Fernández proclamouse Campión,  Noe Diz Eitor  (Club de Ajedrez Padrón) foi o Subcampión e Xoel Roo Perez (Club Deportivo Marquiño) o  3º clasificado. Emma Etterbeek Pombo (Escola de Xadrez Mirko) acadou o posto 11º da xeral e  foi a primeira clasificada feminina.

Na Categoría Sub-12, proclamouse Campión o xogador Nicolás Fernández Sabajanes da Escola Xadrez Compostela, Marcos Flores Iglesias (Escola Luguesa de Xadrez)  foi o Subcampión  e Sergio Calvo Miguez (Escola Xadrez Compostela) o 3º clasificado. Jimena Lavinia Abad Alonso (Club Dep. Xadrez Ourense) acadou o 13º posto da xeral e foi a 1ª clasificada feminina.

Enlaces a Info64: categoría Sub-10categoría Sub-12categoría Sub-16 e categoría Absoluta.

Enlaces de retransmisión: categoría Sub-10, categoría Sub-12, categoría Sub-16 e categoría Absoluta.

¡Parabéns a todos!

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies