Monthly Archives: Abril 2024
PR945C – Subvencións entidades deportivas
Onte (luns, 22.04.2024) publicouse no Diario Oficial de Galicia a RESOLUCIÓN final das subvencións a entidades deportivas do procedemento PR945C (liña I: actividade deportiva; liña II: NADEs).
A partir de hoxe xa se pode presentar a documentación xustificativa aínda que non percibírades todavía o anticipo. Na seguinte ligazón hai unha listaxe co importe do anticipo que se percibirá e do restante (para que se poida consultar e indicar no Anexo VIII de aboamento).
XVII Circuito Galego Xadrez Promoción 2024
Pubrícase o calendario do XVII Circuito Galego de Xadrez Promoción 2024 con 17 torneos neste enlace.
Necesario participar e finalizar 9 torneos para optar á clasificación final.
Campionatos de España de Xóvenes Xadrez Standard e Xadrez Rápido Sub-08 a Sub-18 2024
A Federación Española de Ajedrez a través da súa circular 05/2024 convoca os Campionatos de España de Xóvenes Xadrez Standard e Xadrez Rápido Sub-08 a Sub-18 2024.
Toda a información, neste enlace.
XXXV Circuito Galego de Xadrez 2024
Pubrícase o calendario definitivo do XXXV CIRCUITO GALEGO DE XADREZ 2024.
Toda a información, neste enlace.
Campionatos Galegos Semana Santa 2024 “Xunta de Galicia”
Onte tivo lugar a clausura e entrega de premios no Hotel Scala (Padrón) dos Campionatos Galegos ” Xunta de Galicia” 2024 , categoría Absoluta, Feminina e Veterán.
No Campionato Absoluto Open 2024 o xogador Diego Guerra Bastida do Círculo Ferrolano proclamouse Campión, o Subcampión foi Xulio Del Prado (Club Xadrez Ourense) e o terceiro clasificado José Ramón González Pérez( Xadrez Benchoshey). Lidia Karen Zapata Campos (Xadrez Benchoshey) foi a 1ª clasificada feminina (16º posto na xeral).
Nas categorías Veteráns, D. Diego Guerra Bastida (Círculo Ferrolano), tamén proclamouse como o 1º veterano +50 no 1º posto e na categoría veterán + 65 o 1º foi D. Juan Carlos Berdullas Guerra (Círculo Xadrez Naron) no posto 27º da xeral.
Na Categoría Sub-16, proclamouse Campión o xogador da Escola Luguesa Uxío Vilariño Lorenzo, Eduardo Cabañas Lopez (USC) foi o Subcampión e Iago Fernandez Ramos (Club Deportivo Marquiño) o 3º clasificado. Nerea Cereijo Suarez (Escola Xadrez Compostela) acadou o 6º posto na xeral e foi a 1ª Clasificada Feminina.
Na Categoría Sub-10, o xogador do Club de Ajedrez Padrón, Javier Lema Fernández proclamouse Campión, Noe Diz Eitor (Club de Ajedrez Padrón) foi o Subcampión e Xoel Roo Perez (Club Deportivo Marquiño) o 3º clasificado. Emma Etterbeek Pombo (Escola de Xadrez Mirko) acadou o posto 11º da xeral e foi a primeira clasificada feminina.
Na Categoría Sub-12, proclamouse Campión o xogador Nicolás Fernández Sabajanes da Escola Xadrez Compostela, Marcos Flores Iglesias (Escola Luguesa de Xadrez) foi o Subcampión e Sergio Calvo Miguez (Escola Xadrez Compostela) o 3º clasificado. Jimena Lavinia Abad Alonso (Club Dep. Xadrez Ourense) acadou o 13º posto da xeral e foi a 1ª clasificada feminina.
Enlaces a Info64: categoría Sub-10, categoría Sub-12, categoría Sub-16 e categoría Absoluta.
Enlaces de retransmisión: categoría Sub-10, categoría Sub-12, categoría Sub-16 e categoría Absoluta.
¡Parabéns a todos!