Monthly Archives: Agosto 2023

Campionato de España Individual de Xadrez Lóstrego e Xadrez Rápido 2023

O venres, 18 de Agosto de 2023 celebrouse o Campionato de España Individual de Xadrez Lóstrego 2023 no Hotel Palacio de Mengíbar (Jaén) con 24 xogadores galegos participantes, onde o xogador de Murcia e GM Jose Carlos Ibarra Jerez e a xogadora de Andalucía MI Ana Matnadze proclamáronse Campións de España con 9,5 e 7,0 puntos respectivamente. Toda a información no enlace de Info64.

E o Sábado, 19 de Agosto de 2023 no Hotel Aníbal de Linares (Jaén) tivo lugar o Campionato de España Individual de Xadrez Rápido 2023 con 19 xogadores galegos participantes onde o xogador de Madrid e GM Eduardo Iturrizaga Bonelli e a xogadora de Aragón MI Sabrina Vega proclamáronse Campións de España con 8,5 e 7,0 puntos respectivamente. O xogador galego do Círculo Ferrolán de Xadrez, D. Pablo Fernández Borrego, obtivo o 8º posto con 7,5 puntos. Máis información, no seguinte enlace.

 

Campionato de España por equipos de Club de Segunda División

O venres, 18 de Agosto de 2023 tivo lugar a clausura e entrega de premios do CECLUB de Segunda División 2023 en Linares (Jaén) onde o equipo de Valencia: EVA Manises proclamouse Campión de España con 14 puntos.

A clasificación final dos equipos galegos participantes neste Campionato foi:

Club Xadrez Rianxo no 8º posto con 10 puntos.

Escola Luguesa de Xadrez no 27º posto con 7 puntos.

Círculo Ferrolán de Xadrez no 34º posto con 7 puntos.

Máis información en Info64.

Retransmisión en directo.

Curso de Adestrador/a Deportivo/a – Bloque Común, Nivel I

A Federación Galega de Xadrez, a través da Escola Galega do Deporte, realizará un curso do bloque común de adestrador/a deportivo/a, nivel I.

Toda persona interesada, terá que realizar unha preinscripción ao e-mail fegaxa@fegaxa.org. PRAZO PECHADO.

A documentación que se solicitará aos alumnos unha vez que acabe o prazo da preinscripción será:

  • Solicitude de inscrición (enviarase a medida que se reciban as inscricións)
  • Fotocopia do DNI
  • Titulación mínima de acceso: ESO ou equivalente con fotocopia compulsada.
  • Ter un elo FIDE de, mínimo, 1600 puntos.
  • Xustificante do pago da taxa correspondente (enviarase a información a medida que se reciban as inscricións).

Máis información, neste enlace ou no teléfono 98 623 7945.

XXXVIII Open Internacional de Xadrez Albariño

Onte tivo lugar a clausura e entrega de premios do IV Torneo pertencente ao XXXIV CIRCUITO GALEGO DE XADREZ 2023: XXXVIII Open Internacional de Xadrez Albariño.

O xogador MI Lennis Martinez Ramirez proclamouse este ano campión do torneo con 8,0 puntos. O xogador do Club USC Diego Cacheiro Blanco clasificouse no 2º posto con 7,5 puntos.

Enlace Info64

Clasificación Provisional do XXXIV Circuito Galego de Xadrez 2023 (Actualizado 10/08/2023)

Campionatos de España de Idades – Salobreña 2023

Este fin de semana tivo lugar a derradeira categoría dos Campionatos de España de Idades, Sub-18. Onde o xogador FM Xulio Del Prado Rodríguez do Xadrez Ourense proclamouse Campión de España da modalidade de rápidas.

Este ano obtivéronse 8 podios:

  • Mateo Rey Barciela (Ajedrez Lucena) – 3º clasificado no Campionato de España Sub-08.
  • Mar Rodríguez Collazo (TDFC) – 2ª clasificada feminina (30º posto na xeral) no Campionato de España Sub-08.
  • Diego Ibáñez Cruces (Ajedrez Lucena) – Subcampión de España Rápidas Sub-12.
  • Xulio Del Prado Rodríguez (Xadrez Ourense) – Campión de España Sub-16.
  • Diego Cacheiro Blanco (USC) – Subcampión de España Sub-16.
  • Paula Suárez Gómez – 2ª clasificada feminina (53º posto na xeral) no Campionato de España Sub-16.
  • Nerea Cereijo Suárez (Escola Xadrez Compostela) – 2ª clasificada feminina (63º posto na xeral) no Campionato de España Rápidas Sub-16.
  • Xulio Del Prado Rodríguez (Xadrez Ourense) – Campión de España Rápidas Sub-18.

Noraboa!!

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies