Daily Archives: 28 de Agosto de 2023

VI Aberto Concello de Carballo Clásico

O Venrés 01 de Setembro de 2023, tivo lugar o 6º e derradeiro torneo pertencente ao calendario do XXXIV CIRCUITO GALEGO DE XADREZ 2023:  VI Aberto Carballo Clásico onde o IM Lennis Martinez Ramirez  proclamouse Campión do torneo con 7,5 puntos seguido do GM Aleksa Strikovic con 7 puntos.

D. Lennis Martinez Ramirez proclamouse Campión do XXXIV Circuito Galego de Xadrez 2023 con 5 participacións e 4 torneos puntuados obtendo os 46 puntos que o proclama vencedor deste ano.

Lembramos que, atendendo ás bases do XXXIV Circuito Galego de Xadrez para poder obtar aos premios da clasificación xeral do mesmo se solicitan, polo menos, 4 participacións.

Enlace Info64

Clasificación Final del XXXIV Circuito Gallego de Ajedrez 2023 (Actualizado 21/09/2023)

XIV Torneo Internacional Concello de Rianxo

O domingo 03 de setembro tivo lugar a clausura e entrega de premios do  VII TORNEO PERTENCENTE AO XVI CIRCUITO GALEGO XADREZ PROMOCIÓN 2023,  XIV Torneo Concello de Rianxo con cerca de 100 xogadores participantes.

Máis información do torneo, neste enlace.

Enlaces a Info64: Sub-08Sub-10Sub-12 y Sub-14.

Clasificacion Provisional XVI Circuito Galego Xadrez Promoción2023 (actualizado el 04/09/2023).

Campionato de España por equipos de Club de Primeira División 2023.

O sábado, 26 de Agosto de 2023 tivo lugar a clausura e entrega de premios no Hotel RL Aníbal de Linares (Jaén) do Campionato de España por equipos de Club de Primeira División 2023.

8 equipos participantes onde o FCC Medio Ambiente Benalmádena e o Sestao Hotel Naval obtiveron praza de ascenso á División de Honra 2024 ao obter o 1º e 2º posto, respectivamente.

O C.D. Xadrez Ourense obtivo o 4º posto con 9,0 puntos, permanecendo en primeira División para o 2024 e o C.X. Fontecarmoa – Viajes Interrias Sanxenxo obtivo o 8º posto con 1,0 punto descendendo á Segunda División para o 2024.

Máis información no seguinte enlace.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies