Daily Archives: 21 de Agosto de 2023

IX Aberto Internacional de Xadrez Hotel Cemar

Onte, domingo 20 de Agosto de 2023, tivo lugar a clausura e entrega de premios do V TORNEO PERTENCENTE AO XXXIV CIRCUITO GALEGO DE XADREZ 2023: IX Aberto Internacional de Xadrez Hotel Cemar onde o xogador do Club de Ajedrez Padrón e MI Diego Espiñeira González proclamouse Campión do torneo con 7,5 puntos.

Enlace Info64

Lémbrase que para optar aos premios da Clasificación Xeral do XXXIV Circuito Galego de Xadrez, haberá que participar en, polo menos, 4 dos torneos:  Clasificación Provisional do XXXIV Circuito Galego de Xadrez 2023 (Actualizado 21/08/2023)

Campionato de España Individual de Xadrez Lóstrego e Xadrez Rápido 2023

O venres, 18 de Agosto de 2023 celebrouse o Campionato de España Individual de Xadrez Lóstrego 2023 no Hotel Palacio de Mengíbar (Jaén) con 24 xogadores galegos participantes, onde o xogador de Murcia e GM Jose Carlos Ibarra Jerez e a xogadora de Andalucía MI Ana Matnadze proclamáronse Campións de España con 9,5 e 7,0 puntos respectivamente. Toda a información no enlace de Info64.

E o Sábado, 19 de Agosto de 2023 no Hotel Aníbal de Linares (Jaén) tivo lugar o Campionato de España Individual de Xadrez Rápido 2023 con 19 xogadores galegos participantes onde o xogador de Madrid e GM Eduardo Iturrizaga Bonelli e a xogadora de Aragón MI Sabrina Vega proclamáronse Campións de España con 8,5 e 7,0 puntos respectivamente. O xogador galego do Círculo Ferrolán de Xadrez, D. Pablo Fernández Borrego, obtivo o 8º posto con 7,5 puntos. Máis información, no seguinte enlace.

 

Campionato de España por equipos de Club de Segunda División

O venres, 18 de Agosto de 2023 tivo lugar a clausura e entrega de premios do CECLUB de Segunda División 2023 en Linares (Jaén) onde o equipo de Valencia: EVA Manises proclamouse Campión de España con 14 puntos.

A clasificación final dos equipos galegos participantes neste Campionato foi:

Club Xadrez Rianxo no 8º posto con 10 puntos.

Escola Luguesa de Xadrez no 27º posto con 7 puntos.

Círculo Ferrolán de Xadrez no 34º posto con 7 puntos.

Máis información en Info64.

Retransmisión en directo.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies