Monthly Archives: Xullo 2023
Campionato de España Sub-14 e Sub -14 Xadrez Rápido 2023
O sábado 22 de xullo tivo lugar a clausura e entrega de premios do Campionato de España Sub-14 de lentas no Hotel Salobreña Suites (Granada), onde Daniel Tabuenca Mendataurigoitia (Cantabria) e Helena Joana Li Chen (Canarias) proclamaronse Campións.
Onte tivo lugar a clausura e entrega de premios do Campionato de España de Xadrez Rápido Sub-14 no Hotel Salobreña Suites (Granada) , Lionel Sierra Vallina e Alina Prochaieva ambos xogadores da Federación de Xadrez do Principado de Asturias foron os Campións.
Iago Fernandez Ramos (Club Deportivo Marquiño) foi o xogador galego mellor clasificado no Campionato de España Sub-14 de lentas no posto 19 con 6 puntos e tamén no Campionato de España de Xadrez Rápido Sub14 no posto 16 con 6 puntos.
¡Parabéns!
Subvencións a entidades deportivas da Secretaría Xeral para o Deporte 2023
Hoxe, venres 21 de xullo, publicouse no Diario Oficial de Galicia a RESOLUCIÓN DEFINITIVA das subvencións a entidades deportivas do procedemento PR945C (liña I:desenvolvemento de actividade deportiva; liña II: nucleos de adestramento deportivo especializado)
O prazo para solicitar o pagamento comezará mañá sábado 22 de xullo e rematará o 21 de agosto.
Recoméndase ler a “GUÍA” que está dispoñible xunto coa Resolución de beneficiarios no seguinte enlace.
Campionato de España Sub-12 e Sub -12 Xadrez Rápido 2023
O sábado 15 de xullo tivo lugar a clausura e entrega de premios do Campionato de España Sub-12 lentas no Hotel Salobreña Suites (Granada), Pau Marín Ferragut (Baleares) e Ekaterina Kozlova (Canarias) proclamaronse Campións de España por Edades de Xadrez Sub 12.
O xogador Galego mellor clasificado foi Diego Ibañes Cruces (Club de Ajedrez Lucena) no posto 44 con 5,5 puntos.
Onte tivo lugar a clausura e entrega de premios do Campionato de España Sub-12 de Xadrez Rápido 2023 no Hotel Salobreña Suites (Granada), no que o xogador Daniel Odriozola Coscolin do País Vasco proclamouse Campión empatando con 7,5 puntos co 2º Clasificado o xogador Galego Diego Ibañez Cruces (Club de Ajedrez Lucena). A xogadora Adriana García Rodríguez de Canarias foi a primeira clasificada feminina.
¡Parabéns!
Calendario Deportivo 2023 de la FEDA
A Federación Española de Xadrez publica a circular 13/2023 coa actualización do Calendario Deportivo 2023 aprobado pola Comision Delegada o 10 de xullo de 2023.
Podese consultar no seguinte enlace.
Comunicado 05/2023 Comité Técnico de Árbitros: Oferta de Arbitraxe Campionatos de España 2023
A Federación Española de Xadrez na súa circular 05/2023 Convoca as ofertas de arbitraxes para os campionatos de España do 2023.
Podese consultar no seguiente enlace.
Campionato de España Sub-10 e Sub 10 Xadrez Rápido 2023
O sábado 08 de Xullo tivo lugar a clausura e entrega de premios no Hotel Salobreña Suites (Granada) do Campionato de España Sub-10 de lentas, onde o xogador Mateo Mendoza Barcia (Aragón) proclamouse Campión de España e a xogadora Beatriz Pardo Ruiz (Comunidad Valenciana) Campiona Feminina de España.
O xogador Galego mellor clasificado foi David Alvarez Gonzalez (Ajedrez Lucena) no posto 14 con 6 puntos.
Onte tivo lugar a clausura e entrega de premios no Hotel Salobreña Suites (Granada) do Campionato de España Sub-10 de Xadrez Rápido, Sebastián Fuentes de Nova de Castilla La Mancha e Beatriz Pardo Ruiz da Comunidade Valenciana proclamaronse Campións de España por Idades de Xadrez Rápido 2023.
O xogador Galego mellor clasificado foi Javier Lema Fernandez (Ajedrez Padrón) no posto 8 con 6.5 puntos.
¡Parabéns!