Monthly Archives: Marzo 2023
XVI Circuito Promoción 2023
![](https://www.fegaxa.org/wp-content/uploads/2023/01/logo_fegaxa.png)
Dando continuidade ao circuito promoción celebrado no ano 2022, dende a Federación Galega de Xadrez estase a traballar na elaboración do XVI CIRCUITO GALEGO PROMOCION 2023, nun intento de volver a normalidade e seguir promocionando o xadrez nos rapaces máis xóvenes da sociedade galega aficionados a este deporte.
O prazo de ratificación dos eventos fíxase para o 10 de abril de 2023, polo que prégase que, antes deste día, os organizadores confirmen os seus torneos, comuniquen a necesidade cambios que procedan ou manifesten a renuncia a súa celebración.
Bases do XVI Circuito Promoción 2023, neste enlace.
VIII Campionato de España por Equipos de Colexios. Categoría Sub-12
![](https://www.fegaxa.org/wp-content/uploads/2023/03/escolar2023-768x1076.png)
A Federación Española de Ajedrez convoca a través da súa circular 01/2023 o VIII Campionato de España por Equipos de Colexios. Categoría Sub-12.
Datas: do 29 de Abril ao 01 de Maio de 2023.
Local de xogo: Universidad Politécnica de Cartagena (Murcia)
Prazo máximo de inscrición: 23/04/2023.
Toda a información, neste enlace.