Daily Archives: 19 de Decembro de 2022
Subvencións PR949A – Equipamento deportivo 2022
Hoxe publicouse no DOG a Resolución coa listaxe de beneficiarios das subvencións para a adquisición de equipamentos deportivos (PR949A-2022-2ª convocatoria).
A partir do martes 20/12/2022 as entidades beneficarias deberán:
Paso 1º) SOLICITAR o anticipo de pagamento -anexo VI- (tanto si xa se pagou o material ou non).
AVISO: a pesar de solicitar este anticipo, non se poderá cobrar antes do 26.12.2022 polo que as entidades que aínda non compraran o material non poderá utilizalo para pagar o equipamento adquirido (pero é preciso que se solicite para poder cobrar antes do peche do exercicio económico).
Paso 2º) Con data límite o luns 26.12.2022, deberanse presentar os anexos VII, VIII e IX, xunto cas facturas e xustificante bancario do pagamento.
O equipamento deberá adquirirse e pagarse entre o 01.01.2022 e o 26.12.2022, sen excepcións.
NOTA: Os pasos 1º e 2º pódense facer ao mesmo tempo ou en días separados (as entidades que non teñan aínda comprado o material, que soliciten primeiro o anticipo -anexo VI- e logo da compra que presenten o resto de documentación xustificativa -anexos VII, VIII, IX, facturas e xustificantes bancarios- (con data límite o 26.12.2022); as entidades que xa teñan pagado o equipamento poden xa presentar o mesmo día o anexo VI co resto de anexos xunto coas facturas e xustificantes bancarios do pagamento (tamén con data límite o 26.12.2022).
As entidades que non poidan afrontar o pago do material na data límite deberán presentar a RENUNCIA.