Monthly Archives: Agosto 2022
Campionato de España por Equipos de Club de xadrez Rápido 2022
A FEDA a través da súa circular 26/2022 convoca o Campionato de España por Equipos de Club de xadrez Rápido 2022.
Toda a información, neste enlace.
Campionato de España por equipos de Club de Segunda División 2022.
O Sábado 27 de Agosto de 2022 nos salóns do Hotel RL Aníbal de Linares (Jaén) tivo lugar a clausura e entrega de premios do Campionato de España por equipos de Club de Segunda División 2022 onde o C.E. Xeraco con 13 puntos proclamouse Campión de España e consegue unha praza de ascenso a Primeira División Nacional.
O Círculo Ferrolano de Ajedrez obtivo o 17º posto con 8 puntos.
Toda a información, neste enlace.
VIII Aberto Internacional de Xadrez Hotel CEMAR
O Domingo, 21 de Agosto de 2022 tivo lugar o 4º Torneo pertencente ao calendario do XXXIII Circuito Galego de Xadrez 2022: VIII Aberto Internacional de Xadrez Hotel CEMAR onde o xogador do Club USC Diego Cacheiro Blanco proclamouse Campión do torneo con 7,5 puntos dos 9 posibles.
Enlace Info64.
Clasificación Provisional do XXXIII Circuito Galego de Xadrez 2022 (actualizada o 22/08/2022)
V Torneo de Xadrez Vila de Noia
O Sábado, 20 de Agosto de 2022, tivo lugar o 7º Torneo pertencente ao calendario do XV Circuito Galego de Xadrez Promoción 2022: V Torneo de Xadrez Vila de Noia.
Enlaces Info64: categoría Sub-08, categoría Sub-10, categoría Sub-12, categoría Sub-14 e categoría Absoluta.
Clasificación Provisional do XV Circuito Galego Xadrez Promoción 2022. (Actualizado o 22/08/2022)
Campionato de España Individual de xadrez Lóstrego e Rápidas 2022
O venres, 19 de Agosto de 2022 tivo lugar nos salóns do Hotel Palacio de Mengíbar (Jaén) o Campionato de España Individual de xadrez Lóstrego.
O mellor xogador galego clasificado foi o GM Iván Salgado (Xadrez Ourense) con 6,5 puntos e o 10º posto.
Máis información do Campionato de xadrez Lóstrego en Info64.
O Sábado 20 de Agosto de 2022 tivo lugar nos salóns do Hotel Aníbal o Campionato de España Individual de xadrez Rápido onde o GM Iván Salgado (Xadrez Ourense) foi o 3ºclasificado e a xogadora WIM Yudania Hernández (Xadrez Ourense) foi a 3ª clasificada feminina.
Toda a información do Campionato de xadrez räpido, neste enlace.
Campionato de España Individual Absoluto e Feminino 2022
Do 10 ao 18 de agosto celebrouse o Campionato de España Individual Absoluto e Feminino nos salóns do hotel “RL Aníbal” de Linares (Jaén). Eduardo Iturrizaga Bonelli proclamouse campión absoluto con 7,5 puntos en 9 roldas disputadas e a xogadora Marta García Martín alzouse có título de Campioa de España Feminina con 6 puntos.
A xogadora e WIM Yudania Hernández Estévez (Xadrez Ourense) foi a 3ª clasificada feminina con 4,5 puntos.
Os mellores xogadores galegos clasificados foron o MF Pablo López Varela (Escola Luguesa), o MF Rubén Fernández López (EX Pontevedra) e o MF Luis Marcos Medarde Santiago (Xadrez Verín) empatados a 5.5 puntos dos 9 posibles.
Enlace a Info64.