Daily Archives: 04 de Xullo de 2022
Campionato de España Sub 10 e Sub 10 de Xadrez Rápido 2022
Manuel González Argandoña (Albacete) e Beatriz Pardo Ruiz (Alicante) proclamaronse Campións de España na categoría Sub-10. Os acompañan no pódio Lucas González López da Comunidad Valenciana (7,5 puntos) e Álvaro Torres Rebolledo de Madrid (7,5).
O xogador galego mellor clasificado foi Sergio Calvo (Escola Ames) con 5,5 puntos e o 30º posto.
Enlace Info64.
O madrileño Álvaro Torres Rebolledo e Beatriz Pardo Ruiz (Alicante) proclamaronse Campións de España de Xadrez Rápido Sub 10. Os acompañan no podio, Gerard Tallada Serret (7,5 puntos) de Cataluña subcampión, mentras que o xogador da Comunidad Valenciana Lucas González López (7 puntos) acadou a terceira posición.
O xogador galego mellor clasificado foi Daniel Manrique (Xadrez Ourense) con 6,5 puntos e o 12º posto.
Enlace Info64.
XXXIII Circuito Galego Internacional de xadrez 2022
Pubrícase toda a información correspondente ao XXXIII Circuito Galego Internacional de xadrez 2022.
Infórmase que foron actualizadas as bases do V Aberto Concello de Carballo Clásico.
Toda a información, neste enlace.